Pesquisar este blog

quarta-feira, 1 de dezembro de 2010

lusofonía e cantos na maré

Unha vez máis, a nosa amiga Uxía Senlle prepara a nova edición de Cantos na maré, o festival da Lusofonía que se celebra anualmente na cidade de Pontevedra dende 2003. Unha demostración de que o galego nos achega a outras culturas unidas por unha lingua común, o galego-portugués.
Esta vez estarán:
Lenine, de Brasil
Guadi Galego, da Galiza
António Zambujo, de Portugal
Aline Frazao, de Angola



Con Lenine propoñemos unha ponte que una non só Brasília e o sertão senón tamén as linguas da lusofonía e indo máis lonxe, as culturas e os pobos do planeta.

terça-feira, 23 de novembro de 2010

hasania, a lingua do deserto

Dariya é o conxunto de dialectos do árabe. Un deles, hasania , fálase no Sahara Occidental e Mauritania e está formado por un 90% de vocabulario árabe e palabras procedentes do español e francés, con influencia bérber do zenaga e a lingua wolof.
Hai un dicionario español-hasania titulado Breve gramática de Hasanía y diccionario de árabe dialectal del Sáhara Occidental y de Mauritania.
Este dicionario de 7.000 palabras é ademais unha chamada de atención contra o esquecemento en que se mantén ao pobo saharaui, poñendo de manifesto a existencia dunha lingua que é parte inseparable da súa identidade.

O seguinte documental, dividido en dous vídeos, axudará a comprender a cultura e as difíciles condicións en que vive a xente do Sahara nos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Alxeria. Moitas persoas alí aínda falan español.



sexta-feira, 19 de novembro de 2010

segunda-feira, 8 de novembro de 2010

aprender verbos

Enlace para practicar verbos, En alemán, español, francés, inglés, italiano e portugués.
verbos.org

sábado, 6 de novembro de 2010

Samaín, ano novo celta



No instituto de Rodeira celebramos de novo o Samaín, a festividade que abre o ano novo na roda do tempo celta.
Por iniciativa do equipo de normalización e dinamización lingüística do centro, as paredes cubríronse de murais con debuxos da Santa Compaña, esqueletos, pantasmas, lobishomes, urcos e lobos que ouvean á lúa; tamén con contos transcritos da tradición oral, foto-historias de sustos e de medo e outras nas que a morte acaba por ser un personaxe leal e ecuánime que trata a todos por igual.

Na biblioteca, ambientada con velas, libros de terror e unha arañeira xigante, a tarde do venres 29 fixéronse lembranzas e contáronse lendas rurais e urbanas e pequenas historias relacionadas coa morte, ademais de anécdotas de situacións ás veces case divertidas nas que o principal protagonista é o medo.



terça-feira, 26 de outubro de 2010

Allerheiligen


Allerheiligen é o nome en alemán para o "día de todos os santos".

Allerheiligen

katholisches Fest – Allerheiligen – und – Seligen - , das seit dem 9.Jahrhundert am 01.November gefeiert wird.

Geht wahrscheinlich auf ein 610 von Papst Bonifacius IV zu Ehren Marias und aller Märtyrer in Rom eingeführtes Fest zurück.

Dieses wird überwiegend da gefeiert, wo die Bevölkerung überwiegend katholisch
ist. ( Süddeutschland )


Dia de todos los Santos

Todos los santos es una fiesta católica desde el siglo IX se
celebra el dia 1º de Noviembre.

Sobre el año 610 el papa Bonifacius IV eligió este dia en
honor a María y los mártires en Roma.

Estas fiestas se celebran casi solo en los pueblos y ciudades
en su mayoría católicos.
(en el Sur de Alemania )


-Wolfgang e Hartmut-

Audio e vídeo sobre funerais en diferentes relixións.

segunda-feira, 25 de outubro de 2010

seguintes días...

Ao longo do mes incorpóranse Abdellah, Aicha, Háchar, Sara, Khadija, Adnan, Brahim Y. e Brahim A. de Marrocos, ademais de Izolina, de Brasil e Arar, de Kuwait.
.

Utilizamos o verbo TER. Facemos preguntas:
Cantos fillos tes? Tes fillas? Tes algún irmán? Cantas irmás tes?
Que tendes na man? Quen ten hora? Quen ten un dicionario? Alguén ten frío?


Facemos frases de uso común co verbo ter en presente:
teño frío/calor, teño sono, teño fame/sede, non temos présa, temos moito tempo.
Comparamos co inglés I'm cold/hot, I'm sleepy, I'm hungry/thirsty, we are not in a hurry...

Comparamos o presente do verbo SER nas linguas do alumnado
En rumano: Eu soni
En portugués: Eu sou
Alemán: Ich bin
En francés: Je suis
En árabe é só o pronome: ana (eu)

Buscamos diferenzas básicas entre SER e ESTAR.
A grandes rasgos:
Ser ten carácter máis definitivo.
Estar, máis provisional.
"Son marroquí, estou en Cangas."
"Florence é alta. Izolina está resfriada."

Falamos das similitudes das linguas románicas: galego-español-portugués-rumano-francés...

As linguas que se falan na clase:
ALEMÁN-ÁRABE-BÉRBER-ESPAÑOL-FRANCÉS-GALEGO-INGLÉS-RUMANO

Os alfabetos árabe e bérber.

terça-feira, 5 de outubro de 2010

segundo día


Liliana e Stanca veñen de Rumanía e Florence, de Costa de Marfil.


O primeiro día todos entendían a lingua, sabían ler, escribir e facerse comprender.
As novas compañeiras rumanas só levan aquí unhas poucas semanas.



Para poder comunicar un pouco aprendemos vocabulario do que nos rodea na aula e Dos obxectos que utilizamos para ler e escribir.

Pregunta útil: QUE É ISTO?

sexta-feira, 1 de outubro de 2010

así empezamos as clases este curso

É venres, un de octubro e o primeiro día veñen:
Wolfgang e Hartmut, de Alemania
Latifa e Fatima, de Marrocos
Presentación: quen son e de que cidade veño
W. é de Berlín
H. é de Itzahoe
L. e F. son de Agadir
Vocabulario: NORTE-SUR-LESTE-OESTE-NOROESTE-NORDESTE-SUROESTE-SURESTE

Berlín está ao nordeste de Alemania
Itzahoe está ao norte de Alemania













Agadir está ao suroeste de Marrocos.
Marrocos está ao noroeste de África.
Verbos: SER ESTAR
Actividade: Mostrar no mapa onde se vive.
Vocabulario: CONTINENTE – PAÍS - PROVINCIA – CIDADE – VILA – ALDEA
Preguntar e contestar:
Onde está Agadir?
Onde está Marrocos?
Onde está Berlín?
etc.
Preguntas útiles:
DE ONDE ES?
ONDE ESTÁ...?

Propoñemos escribir o que aprendimos e traer por escrito para o martes unha pequena presentación: quen son, de onde son, cal é a miña cidade e onde está.
Os amigos alemáns despídense con BIS DIENSTAG! (até martes!)
As compañeiras de Marrocos con: ILÁ LI'KÁ! (até logo!)
BOA FIN DE SEMANA!

segunda-feira, 6 de setembro de 2010

vocabulario e moito máis

Ademais de aprender palabras por familias temáticas, en español, francés e neerlandés, neste sitio podes encontrar estupendos trailers, reportaxes e anuncios, así como gramática.
ver-taal.com

domingo, 5 de setembro de 2010

blog para aprender árabe

O blog LENGUA ARABE para quen queira aprender esa lingua e para falantes de árabe que queiran ler e practicar español.

quinta-feira, 26 de agosto de 2010

versos en cancións

En caracolatola, Laura Goldar presenta un estupendo traballo feito de propostas para aprender a lingua partindo de poemas e cancións.

sexta-feira, 25 de junho de 2010

emocións

Na península ibérica, ademais de galego, castelán e portugués, fálanse outras linguas como catalán, eusquera e bable.
Nesta emotiva reportaxe podemos escoitar A LINGUA CATALÁ e XAPONESA, con subtítulos en español.E aprender sobre as emocións a través da espontaneidade e naturalidade propias da infancia.


Pensando en los demás 1- Toshiro Kanamori
Cargado por avesagu. - Videos de noticias recién publicadas.

sexta-feira, 18 de junho de 2010

San Xoán

segunda-feira, 7 de junho de 2010

países onde nos entendemos falando galego



Este é un mapa da lusofonía.

Aprender galego serve non só para entender a máis xente en Galicia, poder ler a nosa literatura, escoitar as nosas cancións ou encontrar máis facilmente un traballo.

Por ter un pasado común coa lingua portuguesa o galego sérvenos para viaxar polo mundo:
Portugal que nos queda ben perto, o fascinante Brasil no continente americano, os países africanos chamados PALOP (países africanos de lingua oficial portuguesa) tais como Mozambique, Cabo Verde, Angola, S. Tomé e Príncipe, Guiné-Bissau e Guinea Ecuatorial (desde 2007) ou sitios remotos e exóticos como Macau en China, Timor Leste nas antípodas australianas, Goa, Simbor, Gogolá,... na India ou as mesmísimas Malaca en Asia e Zanzibar, unha illa mítica da África oriental.

En total suman máis de 240 millóns de falantes!

O galego é útil.

subida ao monte do Facho

Cada final de curso sempre hai algún grupo que fai una camiñada ao monte do Facho. Nesta ocasión, ademais do obradoiro de Astros tamén participou alumnado do grupo de Lingua para persoas estranxeiras: Margaret e Norberta, de Ghana; Florence, de Costa de Marfil; Mohamed, de Marrocos e Ewa, de Alemania, que levou a súa bebé Anni na mochila como fixo durante as clases ao longo do curso, tal unha auténtica cangura.

quinta-feira, 27 de maio de 2010

guiné bissau: bijagós

Guiné Bissau é un país de África Occidental situado ao sur de Senegal no Golfo de Guinea. Foi, xunto con Angola, Mozambique, Cabo Verde, Sao Tomé e Príncipe, colonia portuguesa até a súa independencia en 1973 formando parte dos chamados PALOP ou países de lingua oficial portuguesa, aos que se uníu Guinea Ecuatorial.
Guiné Bisssau é un país de chairas onde os outeiros non superan os 300 m, cunha época de chuvias que vai do mes de maio a octubro e que dá lugar a unha terra sulcada de ríos, manglares, savana e selva tropical. Nos cultivos destacan o arroz, noz de palma, coco, millo, sorgo así como cajú ou anacardo e cacahuete, estes últimos en gran parte destinados á exportación.

Un 14% da poboación fala portugués que é idioma oficial, un 10% domina tamén o francés mentras que o 44% fala crioulo e o resto linguas nativas africanas como Fula, Balanta ou Mandinga (e outras innumerabeis linguas nixero-congolesas: Badjara, Basary Pulaar, Bayote, Bainoukgunyuno, Biafada, Bidyogo, Cassanga, Ejamat, Kobiana, Mancanha, Mandajak, Mansoanka, Nalu, Papel, Soninke...)

O crioulo ten como base o vocabulario portugués sobre unha gramática tipicamente africana e fálase tamén no sur de Senegal, na Baixa Casamansa; sendo ademais semellante ao crioulo falado nas illas de Cabo Verde. Centenas de miles de persoas falan ou comprenden esta lingua.

Unha das riquezas naturais a preservar neste país é o arquipélago das Bijagós formado por unhas oitenta illas, unha veintena delas habitadas como Bubaque, Orango, ou Canhabaque. Tal vez polo seu secular aillamento a poboación conserva a tradición matriarcal e a relixión animista propia dun lugar inzado de lugares sagrados. Para as xentes bijagós os sitios sagrados non son propiedade de ninguén, pertencen a todos. Outras etnias que habitan as illas, ademais da bijagó, son: balante, fula, manjaco, papel, flup e mandinga. Todas elas viven en aldeas chamadas tabankas.
Nas praias desovan as tartarugas verdes e nadan as toniñas e outros mamíferos mariños como o hervíboro manatí. Ao norte do arquipélago hai tres illas chamadas Urok, que tratan de preservar a súa grande diversidade mariña.







terça-feira, 25 de maio de 2010

cantigas de amigo

O 14 de maio presentouse na illa de San Simón o proxecto Cores do Atlántico, coa idea musical da cantora brasileira Socorro Lira que xunto á interpretación teórica que a catedrática holandesa Ria Lemaire fai das cantigas medievais galego-portuguesas deu lugar a un libro disco. Para Ria Lemaire as cantigas de amigo eran cantigas de traballo cantadas por mulleres nas que se inspiraron ou copiaron directamente os trovadores a quen tradicionalmente son atribuídas. A parte visual do libro son cadros de Quique Bordell, que se podían tamén ver expostos na capela ese día. A pesar da nortada que facía, o concerto foi unha experiencia inesquecible e contou con participacións de luxo como a da brasileira Margaret Menezes, a galega Uxía -artífice de importantes contribucións na onda da lusofonía como o proxecto "Cantos na maré"-, Joao Afonso, a gaiteira portuguesa Teresa Paiva e estupendos músicos tamén brasileiros. Comezou coa versión que Socorro Lira fai da cantiga de San Simón cunha adaptación da letra ao xeito de falar de hoxe.

Cores do Atlántico - Concerto 1/3 from Casa de Tolos on Vimeo.


A illa de San Simón xunto co mar de Vigo son o escenario dalgunhas das máis coñecidas cantigas de amigo medievais. Pese a ter xogado un triste papel durante a represión franquista, a súa esencia é poética e a illa é unha cantiga.

Aquí pódese ler a cantiga de San Simón en galego-portugués, catalá, eusquera, latín e castelán.

No disco Cores do Atlántico participa tamén Eneida Marta, cantora guineense a quen botamos en falta no concerto. Contra o final da cantiga ela canta unha estrofa no seu crioulo da Guiné Bissau, e pensando nun “nha amigo” de lonxe vai esta música - “batuque con intenção de ijexá”- acompañando as fotos da ría camiño de San Simón, a chegada, preparación do concerto, actuación e mais media ducia de imaxes da illa nun día con menos nubes….

terça-feira, 4 de maio de 2010

a pequena Bonn


Bonn é unha cidade de Alemania, foi capital da República Federal de Alemania desde 1949 até 1990 e sede do goberno até 1999.
Bonn ten unha poboación de 314.300 habitantes e é a cidade natal do compositor Ludwig van Beethoven.
A herdanza da época do século XIII até o XVIII quedou nos seus edificios de estilo barroco, como a sede principal da universidade e o palacio de Poppelsdorf.
O pai do compositor Ludwig van Beethoven foi organista dos principes electores.
Despois da Primeira Guerra Mundial até 1926 Bonn foi ocupada por tropas candienses, británicas e francesas. Durante a Segunda Guerra Mundial unhas mil persoas foron vítimas do nazismo e outras tantas foron deportadas a campos de concentración.
A destrución de Berlin fixo de Bonn a nova capital de RFA.
En 1990, a reunificación do oeste co leste de Alemania declarou Berlin como capital.
A paisaxe á beira do río Rin é perfecta para vivir en tranquilidade.
Os barcos sobre a auga e detrás, os outeiros verdes da pequena Siebengebirge.
Alexander von Humboldt afirmaba que Bonn era a oitava marivilla do mundo.
En Bonn hai moitas igrexas e unha catedral. Un castelo (Godesburg) e moitos museos.
No museo de arte moderna hai unha gran colección de obras de August Macke, que viviu en Bonn a maior parte da súa creativa vida.
Bonn é unha cidade cun gran ambiente universitario. O 10% da polación son estudantes e moitos son estranxeiros.
Na cidade hai 550 locais de lecer: bares, pubs e discotecas. Bonn ten unha ópera e 20 cinemas.
Bonn tamén é coñecida por ser unha das cidades con mais restaurantes de cociña intenational.
Nos meses de primavera e verán hai moitos concertos ao aire libre nas prazas e parques.
A mais famosa festa é “Rhein in Flammen”. Este festival celébrase no parque de Rheinaue con música e teatro e ao final é un gran espectáculo pirotécnico.

sexta-feira, 23 de abril de 2010

gústache ler?

Ademais de conversar, ver pelis, escoitar música e interesarse pola cultura do lugar onde se fala unha das mellores maneiras de apreciar a lingua é achegarse aos seus libros.

terça-feira, 13 de abril de 2010

Rilke traducido ao galego



En POESÍA de PETO da Editorial TrisTram encontramos pequenas maravillas en versión orixinal xunto coa súa tradución ao galego, como exemplo este poema que Rilke dedica a unha pantera no Xardín das Plantas de París.



sexta-feira, 9 de abril de 2010

poesía escrita, recitada e traducida

Imaxinas aprender a pronunciar unha lingua a base de poemas?
Nesta web feita en Berlin é posible porque cada poema vai acompañado de audio e traducido a algunha outra lingua que nalgúns casos pode resultar familiar, dependendo das que ti fales ou entendas.

Por exemplo, se falas árabe -ou alemá- podes ler este poema en árabe, acompado de audio coas palabras do propio poeta e ten unha tradución ao alemán. Titúlase "Unha ostra" ("mahara") e comeza así: "O mar non está aquí..."

Está na web de lyrikline.org onde vas encontrar poemas recitados e escritos en moitas linguas: alemá, afrikaans, árabe, española, polaca, portuguesa, ucraniana,... incluídas algunhas minoritarias como basca, bretona ou catalá.

Nótase en falta a galega, lingua-berce de poetas!
Aínda non lle cadrou a alguén que escriba e recite pasar por alí e deixar os seus versos?

Para facernos idea de como ficaría un poema alí en galego, unha lingua que se lle parece coma unha irmá oferece este poema con sutaque brasileiro a palavra negro.

quarta-feira, 7 de abril de 2010

entenderse en distintas linguas

Ao fondo do blog colocamos un par de curtas de flocos.tv: "Good Night, mon ami" e "A escola das areas". A primeira delas é un despropósito lingüístico. Unha demostración máis de que o galego é un idioma universal...
Cousas da emigración!
A segunda, para entender a condición de diglosia pola que atravesou e continúa atravesando a nosa lingua.

terça-feira, 6 de abril de 2010

para falantes -e tamén estudantes- de alemán

No seu apartado un paseo, o curso de español en alemán ten unha serie de audios sobre Santiago de Compostela, en galego, con transcripción e tradución ao alemán (é só pasar o rato por enriba do texto e vai cambiando dunha lingua a outra).

Entre outros recursos a web presenta 24 leccións de gramática.

E se queres aprender/ensinar alemán esa páxina é fantástica!

terça-feira, 23 de março de 2010

Häschen in der Grube

Unha das cancións que Ewa lle canta a Anni neste libro que nos trouxo de cancións infantís en alemán.


Anni merendando na clase

Sabías que en Alemania tamén se aprende galego?

quinta-feira, 18 de março de 2010

África Salinae nana

Xa que Florence voltou de Costa de Marfil aproveitamos para falar do seu país. Despois de situalo no mapa, ler algo da súa historia ou calcular os anos que foi colonia francesa, aprendimos un par de palabras de supervivencia en dioula , lingua que falan ademais países veciños como Malí ou Burkina Faso (dji por exemplo significa auga e djegué peixe) e vimos algunhas fotos de Korhogo e Abidjan. Florence contestou as preguntas que lle fixemos e contou que quere ser agricultora e cultivar hevea, a árbore do caucho. Falamos do cacao, de como o seu cultivo precisa sol e sombra, por iso ás veces plántanno baixo as bananeiras que protexen as plantas do cacao mentras son pequenas e non aturan o exceso de sol.

Unha destas tardes visitamos a exposición sobre artesanía africana na casa da cultura de Cangas e esta semana a de Catalá-Roca na Fundación Barrié de la Maza e as salinas romanas do Areal.

Fixemos algunhas fotos e saíron movidas pero as escenas teñen o seu encanto: Nati e as súas compañeiras fascinadas co tear que Ibrahima lles ensinou, o sorriso de Florence, a diminuta man de Anni tocando a de Norberta, Margaret toda atenta na clase, as meninas merendando na excursión e a hora do café para todas antes de apañar o barco.
Non vos perdades o final e subir o volume para escoitar a linda voz de Ewa cantando en alemán nanas á súa pequena (de vagariño por certo, como di a letra da primeira canción, dos brasileiros Sandra Peres e Paulo Tatit).

terça-feira, 16 de março de 2010

lingua materna

Se perdemos a lingua, perdemos parte da nosa identidade.
Cada  21 de febrero, desde 1999, celébrase o día internacional da lingua materna. Unha maneira de nos lembrar que das case 7000 linguas que existen no mundo, máis da metade corren perigo de extinción.

segunda-feira, 15 de março de 2010

Costa de Marfil



Comezamos unha unidade didáctica sobre Costa de Marfil.
Temos algunha idea acerca das linguas que alí se falan, como o beté que falan as nosas compañeiras, o dioula e moitas máis linguas, que o francés é a lingua oficial e que os principais cultivos son o cacao e o café, e tamén banana, piña, palma, millo, sorgo e maní. No que se refire ás industrias destaca a industria alimentaria baseada nos cultivos e a madeira, procesamento do petróleo procedente de Alxeria, plantas de montaxe de automóbiles, construción, asteleiros,...

Para empezar podemos ubicar o país nun mapa de África e vemos que está situada na costa occidental atlántica, no golfo da Guiné.

Praias e manglares, sabana e selva, poboados de construcións artesanais e cidades con modernos edificios, mezquitas e basílicas,... en Costa de Marfil pódese encontrar todo tipo de contrastes na paisaxe xeográfica e humana, como se pode ver na galería de fotos da web de losviajeros.com , ou nesta outra onde se poden ver fotos de Abidjan, a cidade máis poboada do país, principal porto e capital económica e diplomática(desde 1983 a capital oficial é Yamusukro).

sexta-feira, 12 de março de 2010

ser muller (sen palabras)

A estas alturas da era da información, ademais de aprender, investigar, crear, participar, descubrir, disentir, resistir e un longo tren de verbos sen fin, as mulleres continúan sendo as que teñen preferentemente que ocuparse da crianza e as tarefas domésticas.
No instituto rapaces e rapazas participan cada 8 de marzo nunha xincana de tarefas domésticas para ir adquirindo a responsabilidade de compartilas e o deber de concienciar dese asunto a toda a sociedade.

Por mor de ter que atender a casa e ás criaturas pequenas, as mulleres sobre todo no rural son privadas aínda hoxe, do dereito máis elemental: a educación. Até hai unhas poucas décadas iso era moi habitual por aquí, se non que o conten as mulleres que veñen aprender a ler ao instituto con setenta, oitenta anos e máis.
Pero, alguén ten unha só razón pola que unha nena non poida ir á escola igual ca seus irmáns varóns?
Binta e a gran idea recrea esa situación con sentido crítico e humor. En francés con subtítulos en español.

"Debemos aprender dos páxaros, di o pai de Binta, porque son moi intelixentes: eles collen o mellor do norte e o mellor do sur".

Poderemos coller tamén o mellor dos homes e o mellor das mulleres para construír mellor o mundo?

Ser muller ten que deixar para sempre de constituír un atranco para avanzar.
De momento, quen o é, e para non esquecelo, que o repita como un mantra...

Je suis une femme I am a woman Ich bin eine Frau Εγώ είμαι γυναίκα Soy una mujer Аз съм жена Sóc una dona Io sono una donna Son uma mulher Son unha muller...

quinta-feira, 11 de março de 2010

de aquí e acolá

Hai un dito que di "a xente é de onde pace e non de onde nace".
Pois ben, a xente que vive por aquí é de aquí, mesmo sendo de acolá que é calquera outra parte, incluída a parroquia de enfrente.
Estas fotos xa teñen algún tempo, pero dalgún xeito reflicten a mistura que se vive na quenda de tarde dun instituto de secundaria con respecto ás diferenzas de idade, país de orixe, relixión ou xénero. Mesturadas, fotos do Fiadeiro nunha gala de hai uns anos e dun espectáculo da Fura dels Baus chamado "Acción A mámoa" onde estudantes formando un botafumeiro humano espallaban simbolicamente sobre o campus da universidade flores que simbolizaban o coñecemento.




Aquí vai a letra de "Paralá" a canción de Mercedes Peón que acompaña as imaxes:

Iai lela lelá…
Olla lá, la chançon de la Galice!

Para toda a miña xente
Son do Paralá
Para todos os meus parentes
Son do Paralá
Para a xentiña da Gholada
Son do Paralá
E para os de Oza do Río
Son do Paralá

Para toda a miña xente
Para tódolos meus parentes
Para a xentiña do mundo
Para meu irmao presente

Para a xente que non marxina
Son do Paralá
Para os que son musulmáns
Son do Paralá
Para os que son orientais
Son do Paralá
Para miña xente africana
Son do Paralá

Muiñeira da Ribeira
Muiñeira ribeirana
Muiñeira da Ribeira
Tócocha de mala ghana

Vaina levando na volta
Na volta vainos levando
Como están aquí de novas
Vainos acariñando

Para aquí para alá
Para alá para acá
E os de aquí para acolá
Para máis para alá

E os do Brasil vinde para aquí
Que nos imos para alí
E alén de alí

E o mundiño rola rola
O mundiño a rolar
E así anda e así anda
Teremolo que coidar
E así anda e así anda
E así anda e así anda
O mundiño a rolar

quinta-feira, 25 de fevereiro de 2010

orgullos@s da lingua

Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%

e ti que non es galeg@, sínteste orgullos@ de vivir na Galiza, ou de visitala?
e se aprenderas a lingua, non te sentirías orgullos@ tamén?

segunda-feira, 22 de fevereiro de 2010

cóntame un conto

Enlaces a contos.

en galego:

Contos en cantos é un libro disco infantil de Almudena Janeiro, do que podes ver o karaoke de Paco Papán

Dos contos e lendas de tradición oral en Galicia encantada escollemos o popular conto do galo Quirico que quería ir á voda do tío Perico.

Contos noutras linguas:

en inglés:

Aquí tes a historia da Carrapuchiña vermella en inglés, ilustrada e con audio ou Ali and the magic carpet

en portugués:

Contos Tradicionais do Brasil e Portugal

A Moura Cassima é unha das lendas que se encontran na web de Contos e outras narrativas de autores portugueses

en español:

En Historias de debajo de la luna Zouair de Marrocos conta esta historia que el di que lle lembra as de Simbad.

Libros:
"Cuentos y leyendas populares de Marruecos" editorial Siruela.
"CUENTOS POPULARES MARROQUÍES", editorial Aldebarán.
Libros para descargar ou ler online.

CUENTOS DE LA NARRATIVA SAHARAUI

Cuentos de Nasrudin

domingo, 21 de fevereiro de 2010

día internacional da lingua materna

A partir de hoxe 21 de febreiro poderanse ver en Discovery Channel programas curtos onde se pode escoitar a falantes de linguas en perigo de extinción, como esta bailadora das Terras Altas, unha rapaza escocesa que se sinte orgullosa de falar gaélico.



Na Galiza tamén sentimos orgullo de ter unha lingua propia como declara o Manifesto de ProLingua e onde podemos comprobalo neste fantástico vídeo dunha rapaza rusa que se pasea por Santiago e outros lugares preguntando á xente por que fala a lingua, cal é a súa palabra favorita...



O vídeo foi encontrado a través do blog A profa, onde tamén se pode ver o vídeo Linguas cruzadas.

quinta-feira, 11 de fevereiro de 2010

بوجلود boujloud

بوجلود ــ بلأ مزيغ؛بِلْمَاوْنْ؛إنه حفل شبيه للكرنفال ويقام الحفل مرة في كل سنة ،في عيد الاضحية ،ايضا اصبح متنفسًا لشبا ب بالمغرب وكل سنة يجتهدون في ابتكار افكار جديدة في اللباسِ و الرقصْ، اما قبل
فكان ا للِباسُ من جلود الاضحيةـ

Boujloud é a palabra en árabe dialectal (darija) e bilmaoun en amazigh (bérber) para a festa de disfraces que se celebra durante a festa do cordeiro onde cada ano surxen novas ideas para vestirse e bailar
tradicionalmente as xentes que participaban nesta festa vestíanse coa pel dos cordeiros.





En Alemania, el Carnaval se celebra principalmente en la región de Westfalia. Koeln, Aachen y Duesseldorf son las más importante Ciudades de carnaval.
Hay carneval tambien en ciudades de Alemania del Sur. Mainz es la ciudad con mejor carnaval.

El carnaval acaba el miércoles de ceniza que en alemán se llama "Aschermitttwoch".

entroidos

Esta semana xa se están a celebrar ceremonias de entroido en moitos sitios. En Galicia, e particularmente na zona de Ourense, existe unha gran tradición.

AS ORIXES E OS RITOS DO ENTROIDO
Carnavales de Galicia: Peliqueiros, Boteiros, Pantallas, Xeneráis...
En Verin OS CIGARRÓNS
Entroido Manzaneda





Na ría de Vigo hai curiosas tradicións de entroido como as madamas e galáns de Cobres, os desfiles de comparsas do Hío e Donón, e as celebracións de fin de festa como o enterro da sardiña ou do meco en Vigo, Cangas e Moaña, do mexilón en Aldán ou do Paxaro de mal agoiro en Bueu.
Para quen teña ganas de festa unha proposta: Programa do entroido 2010 en Moaña.

Os doces típicos desta festa son as orellas, flores e filloas.

En Agadir e poboacións dos arredores como Aourir celébrase unha especie de carnaval durante a festa do cordeiro, chamada boujloud, ou bilmawn.

quinta-feira, 4 de fevereiro de 2010

decálogo das linguas


Acontece coas linguas como coas especies. Unhas poden ser depredadas por outras cando o equilibrio se rompe. Mais todas son únicas, necesarias e todas teñen a súa función por insignificante que pareza.
Preservemos a súa diversidade!

As Universidades de Catalunya publicaron un interesante decálogo para ser lingüisticamente sostible

naturalicemos o uso da lingua

Defender a diversidade das linguas é loitar
para que non se extingan,
para que se falen e se fagan escoitar,

para que se escriban a todos os ventos,

para que se canten e se vistan se fai falta de bandeiras,
para afirmar que a lingua nos importa,
que, no noso caso, significa
seguir ensinando e aprendendo en galego!






Para facerse unha idea un par de vídeos do IES de Porto do Son ben representativos:
O primeiro, da manifestación do 21 de xaneiro día da folga contra o decretazo, coas palabras, entre outras, de Ferrín o noso poeta presidente da Real Academia Galega, da cantora Guadi Galego, de poetas como Anxo Angueira, Chus Pato, X.M.Álvarez Cáccamo, Fernán Vello...
O segundo, coa lúcida intervención, entre outras tamén, da nosa coordinadora de Normalización e Dinamización Lingüística, durante a Xornada de Formación dos Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010.

Manifestación "Queremos Galego" 21-01-2010 from SonCine on Vimeo.


as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.

terça-feira, 26 de janeiro de 2010

cultura berber

Moitos Bérberes chámanse Imazighen (Amazigh en singular), que significa "homes libres". Este nome é común en Marrocos e Alxeria, e desde mediados do século XX hai tendencia a usar o termo "Amazigh" no canto de "bérber", un termo importado para agrupar a toda a etnia bérber (Kabyle, chleuh, Touareg, etc.) Até a súa conquista no século XV, os pobos Bérber tamén incluían as Illas Canarias, pois os seus habitantes nativos, os guanches, falaban a lingua bérber.
De feito, "Canarias", o topónimo das illas, vén da cantidade de cactus que alí crecen e a palabra berber para cactus é aknari.

O conxunto de linguas bérber chámase Tamazight e constitúe unha rama das linguas afroasiáticas, falada por uns 45 millóns de persoas, especialmente en Alxeria e Marrocos.


tifinagh = alfabeto amazigh



Tamazight é o dialecto dos berberes que son os primeiros que viven en Marrocos antes dos árabes, e agora a xente poden estudar o tifinagh (letras do idioma berber) en Marrocos se queren.

Enlace a música berber.

Ucrania e a súa lingua


Clarice Lispector era brasileira e sen embargo tiña nacido nunha aldea de Ucrania. Non sabemos se ela chegou a falar a lingua ou a escribir no alfabeto cirílico, só sabemos que escribía no seu galego-portugués do Brasil e que traducíu a escritores de fala inglesa. Mais posiblemente sentíu curiosidade polas linguas eslavas, entre as que se contan tamén o búlgaro, polaco, eslovaco, checo, ruso e bieloruso, as linguas dos Balcáns (serbio, croata,...) e algunhas do norte de Asia.

En ucraniaonline podemos encontrar datos sobre o país, sobre a lingua, así como cancións con subtítulos e máis cousas.




Alfabeto cirílico ucraniano:
Аа Бб Вв Гг Ґґ Дд Ее Єє Жж Зз Ии Іі Її Йй Кк Лл Мм Нн Оо Пп Рр Сс Тт Уу Фф Хх Цц Чч Шш Щщ Юю Яя Ьь
(Os caracteres en negrita non se usan en ruso. As letras Ё, Ы, Ь do cirílico ruso non existen en ucraniano.)

Dentro do site ucraniaonline pódense ler algunhas frases en ucraniano , ruso e español, todas en caracteres latinos.

Podemos ler dous sonetos transatlánticos de Oksana Zabuzhko con versión tamén en inglés, ou un par de poemas do gran poeta Tarás Chewtchenko traducidos ao portugués.

Un site sobre poesía ucraniana en varias linguas (inglés, alemán, español, portugués,...)

Aprender sobre Ucrania visitando o blog dunha nativa de alí:
Parece que pokatushki significa en ruso unha viaxe pequena en coche. Pois ben, para facerse idea dun país, a súa lingua e costumes, que mellor que velo a través dos ollos de alguén que se pasea polas rúas das súas cidades e vilas (e por outros países tamén) e nolo conta no seu blog, mentras aprende español.

Todo isto para animar á nosa amiga Vic a que nos conte algunha historia sobre a súa lingua e o seu país!

sexta-feira, 15 de janeiro de 2010

lira e Uxía

Cada ano na cidade de Pontevedra, o festival da lusofonía Cantos na maré, xunta a artistas de varios países que teñen en común a lingua galego-portuguesa. Fantástica idea e magnífico traballo coordinado por Uxía.





Unha canción tradicional das Azores, cantada por unha galega e un privilexiado coro de linguas lusófonas.

Para escoitala enteira (e outras) entrade na páxina de Uxía.

terça-feira, 12 de janeiro de 2010

textos de Clarice Lispector en galego do Brasil (ou portugués) e breve biografía (en castelán)







Breve biografía
"¿Quién es Clarice Lispector? Ella contesta: "Nací en Ucrania, pero ya en fuga. Mis padres pararon en una aldea que ni aparece en el mapa, llamada Tchetchelnik, para que yo naciera, y se vinieron al Brasil, adonde llegué con dos meses. De manera que llamarme extranjera es una tontería. Soy más brasileña que rusa, evidentemente... Cuando tenía catorce o quince años, escribí un cuento y lo llevé a una revista que se llamaba Vamos a leer, me quedé allí, de pie. Yo era lo que sigo siendo, una tímida atrevida. Soy tímida, pero me lanzo. Le di el cuento para que lo leyera y dije: 'Es para que usted vea si lo publica.' Lo leyó, me miró y dijo: '¿Has copiado esto de alguien? ¿Lo has traducido de alguien?' Respondí que no y lo publicó... (tomado de Declaraciones autobiográficas y literarias). También alguna vez dijo: "Nací para amar a los demás, nací para escribir y para criar a mis hijos. Amar a los demás es tan vasto que incluye incluso perdón para mí misma, con lo que sobra. Amar a los demás es la única salvación individual que conozco: nadie estará perdido si da amor y a veces recibe amor a cambio."

Estudió Derecho y se casó en 1943 con Maury Valente, diplomático con quien estuvo fuera de Brasil, entre 1944 y 1960, en Nápoles, Berna y Estados Unidos; tuvo dos hijos, se separó en 1959; tradujo al portugués a Oscar Wilde, Edgar Allan Poe, Jack London, Bella Chagall, Agatha Christie, John Farris, Anne Rice; fueron traducciones hechas para sobrevivir. También escribió en varios periódicos, pues toda su vida mantuvo su contacto con la prensa iniciado en 1941. Le costó trabajo publicar sus libros en su propio país, pues escribía (decían) cosas extrañas. Murió de cáncer en 1977 a los cincuenta y siete años.

Clarice Lispector ha sido reconocida como una escritora extraordinaria en su país y fuera de él. Su escritura, como ya se ha observado por los ejemplos dados, es plena y diáfana, es claridad y desasosiego y, más allá de lo que puedan decir las palabras, su escritura respira, vive su propia vida intensa.

Para dar una respuesta a la pregunta del principio quizá sería válido decir: Clarice es el no miedo, es decir, la pasión, la vida desnuda."