Guiné Bisssau é un país de chairas onde os outeiros non superan os 300 m, cunha época de chuvias que vai do mes de maio a octubro e que dá lugar a unha terra sulcada de ríos, manglares, savana e selva tropical. Nos cultivos destacan o arroz, noz de palma, coco, millo, sorgo así como cajú ou anacardo e cacahuete, estes últimos en gran parte destinados á exportación.
Un 14% da poboación fala portugués que é idioma oficial, un 10% domina tamén o francés mentras que o 44% fala crioulo e o resto linguas nativas africanas como Fula, Balanta ou Mandinga (e outras innumerabeis linguas nixero-congolesas: Badjara, Basary Pulaar, Bayote, Bainoukgunyuno, Biafada, Bidyogo, Cassanga, Ejamat, Kobiana, Mancanha, Mandajak, Mansoanka, Nalu, Papel, Soninke...)
O crioulo ten como base o vocabulario portugués sobre unha gramática tipicamente africana e fálase tamén no sur de Senegal, na Baixa Casamansa; sendo ademais semellante ao crioulo falado nas illas de Cabo Verde. Centenas de miles de persoas falan ou comprenden esta lingua.
Unha das riquezas naturais a preservar neste país é o arquipélago das Bijagós formado por unhas oitenta illas, unha veintena delas habitadas como Bubaque, Orango, ou Canhabaque. Tal vez polo seu secular aillamento a poboación conserva a tradición matriarcal e a relixión animista propia dun lugar inzado de lugares sagrados. Para as xentes bijagós os sitios sagrados non son propiedade de ninguén, pertencen a todos. Outras etnias que habitan as illas, ademais da bijagó, son: balante, fula, manjaco, papel, flup e mandinga. Todas elas viven en aldeas chamadas tabankas.
Nas praias desovan as tartarugas verdes e nadan as toniñas e outros mamíferos mariños como o hervíboro manatí. Ao norte do arquipélago hai tres illas chamadas Urok, que tratan de preservar a súa grande diversidade mariña.