Pesquisar este blog

sexta-feira, 9 de abril de 2010

poesía escrita, recitada e traducida

Imaxinas aprender a pronunciar unha lingua a base de poemas?
Nesta web feita en Berlin é posible porque cada poema vai acompañado de audio e traducido a algunha outra lingua que nalgúns casos pode resultar familiar, dependendo das que ti fales ou entendas.

Por exemplo, se falas árabe -ou alemá- podes ler este poema en árabe, acompado de audio coas palabras do propio poeta e ten unha tradución ao alemán. Titúlase "Unha ostra" ("mahara") e comeza así: "O mar non está aquí..."

Está na web de lyrikline.org onde vas encontrar poemas recitados e escritos en moitas linguas: alemá, afrikaans, árabe, española, polaca, portuguesa, ucraniana,... incluídas algunhas minoritarias como basca, bretona ou catalá.

Nótase en falta a galega, lingua-berce de poetas!
Aínda non lle cadrou a alguén que escriba e recite pasar por alí e deixar os seus versos?

Para facernos idea de como ficaría un poema alí en galego, unha lingua que se lle parece coma unha irmá oferece este poema con sutaque brasileiro a palavra negro.