Pesquisar este blog

quinta-feira, 27 de maio de 2010

guiné bissau: bijagós

Guiné Bissau é un país de África Occidental situado ao sur de Senegal no Golfo de Guinea. Foi, xunto con Angola, Mozambique, Cabo Verde, Sao Tomé e Príncipe, colonia portuguesa até a súa independencia en 1973 formando parte dos chamados PALOP ou países de lingua oficial portuguesa, aos que se uníu Guinea Ecuatorial.
Guiné Bisssau é un país de chairas onde os outeiros non superan os 300 m, cunha época de chuvias que vai do mes de maio a octubro e que dá lugar a unha terra sulcada de ríos, manglares, savana e selva tropical. Nos cultivos destacan o arroz, noz de palma, coco, millo, sorgo así como cajú ou anacardo e cacahuete, estes últimos en gran parte destinados á exportación.

Un 14% da poboación fala portugués que é idioma oficial, un 10% domina tamén o francés mentras que o 44% fala crioulo e o resto linguas nativas africanas como Fula, Balanta ou Mandinga (e outras innumerabeis linguas nixero-congolesas: Badjara, Basary Pulaar, Bayote, Bainoukgunyuno, Biafada, Bidyogo, Cassanga, Ejamat, Kobiana, Mancanha, Mandajak, Mansoanka, Nalu, Papel, Soninke...)

O crioulo ten como base o vocabulario portugués sobre unha gramática tipicamente africana e fálase tamén no sur de Senegal, na Baixa Casamansa; sendo ademais semellante ao crioulo falado nas illas de Cabo Verde. Centenas de miles de persoas falan ou comprenden esta lingua.

Unha das riquezas naturais a preservar neste país é o arquipélago das Bijagós formado por unhas oitenta illas, unha veintena delas habitadas como Bubaque, Orango, ou Canhabaque. Tal vez polo seu secular aillamento a poboación conserva a tradición matriarcal e a relixión animista propia dun lugar inzado de lugares sagrados. Para as xentes bijagós os sitios sagrados non son propiedade de ninguén, pertencen a todos. Outras etnias que habitan as illas, ademais da bijagó, son: balante, fula, manjaco, papel, flup e mandinga. Todas elas viven en aldeas chamadas tabankas.
Nas praias desovan as tartarugas verdes e nadan as toniñas e outros mamíferos mariños como o hervíboro manatí. Ao norte do arquipélago hai tres illas chamadas Urok, que tratan de preservar a súa grande diversidade mariña.







terça-feira, 25 de maio de 2010

cantigas de amigo

O 14 de maio presentouse na illa de San Simón o proxecto Cores do Atlántico, coa idea musical da cantora brasileira Socorro Lira que xunto á interpretación teórica que a catedrática holandesa Ria Lemaire fai das cantigas medievais galego-portuguesas deu lugar a un libro disco. Para Ria Lemaire as cantigas de amigo eran cantigas de traballo cantadas por mulleres nas que se inspiraron ou copiaron directamente os trovadores a quen tradicionalmente son atribuídas. A parte visual do libro son cadros de Quique Bordell, que se podían tamén ver expostos na capela ese día. A pesar da nortada que facía, o concerto foi unha experiencia inesquecible e contou con participacións de luxo como a da brasileira Margaret Menezes, a galega Uxía -artífice de importantes contribucións na onda da lusofonía como o proxecto "Cantos na maré"-, Joao Afonso, a gaiteira portuguesa Teresa Paiva e estupendos músicos tamén brasileiros. Comezou coa versión que Socorro Lira fai da cantiga de San Simón cunha adaptación da letra ao xeito de falar de hoxe.

Cores do Atlántico - Concerto 1/3 from Casa de Tolos on Vimeo.


A illa de San Simón xunto co mar de Vigo son o escenario dalgunhas das máis coñecidas cantigas de amigo medievais. Pese a ter xogado un triste papel durante a represión franquista, a súa esencia é poética e a illa é unha cantiga.

Aquí pódese ler a cantiga de San Simón en galego-portugués, catalá, eusquera, latín e castelán.

No disco Cores do Atlántico participa tamén Eneida Marta, cantora guineense a quen botamos en falta no concerto. Contra o final da cantiga ela canta unha estrofa no seu crioulo da Guiné Bissau, e pensando nun “nha amigo” de lonxe vai esta música - “batuque con intenção de ijexá”- acompañando as fotos da ría camiño de San Simón, a chegada, preparación do concerto, actuación e mais media ducia de imaxes da illa nun día con menos nubes….

terça-feira, 4 de maio de 2010

a pequena Bonn


Bonn é unha cidade de Alemania, foi capital da República Federal de Alemania desde 1949 até 1990 e sede do goberno até 1999.
Bonn ten unha poboación de 314.300 habitantes e é a cidade natal do compositor Ludwig van Beethoven.
A herdanza da época do século XIII até o XVIII quedou nos seus edificios de estilo barroco, como a sede principal da universidade e o palacio de Poppelsdorf.
O pai do compositor Ludwig van Beethoven foi organista dos principes electores.
Despois da Primeira Guerra Mundial até 1926 Bonn foi ocupada por tropas candienses, británicas e francesas. Durante a Segunda Guerra Mundial unhas mil persoas foron vítimas do nazismo e outras tantas foron deportadas a campos de concentración.
A destrución de Berlin fixo de Bonn a nova capital de RFA.
En 1990, a reunificación do oeste co leste de Alemania declarou Berlin como capital.
A paisaxe á beira do río Rin é perfecta para vivir en tranquilidade.
Os barcos sobre a auga e detrás, os outeiros verdes da pequena Siebengebirge.
Alexander von Humboldt afirmaba que Bonn era a oitava marivilla do mundo.
En Bonn hai moitas igrexas e unha catedral. Un castelo (Godesburg) e moitos museos.
No museo de arte moderna hai unha gran colección de obras de August Macke, que viviu en Bonn a maior parte da súa creativa vida.
Bonn é unha cidade cun gran ambiente universitario. O 10% da polación son estudantes e moitos son estranxeiros.
Na cidade hai 550 locais de lecer: bares, pubs e discotecas. Bonn ten unha ópera e 20 cinemas.
Bonn tamén é coñecida por ser unha das cidades con mais restaurantes de cociña intenational.
Nos meses de primavera e verán hai moitos concertos ao aire libre nas prazas e parques.
A mais famosa festa é “Rhein in Flammen”. Este festival celébrase no parque de Rheinaue con música e teatro e ao final é un gran espectáculo pirotécnico.