Pesquisar este blog

quinta-feira, 4 de fevereiro de 2010

naturalicemos o uso da lingua

Defender a diversidade das linguas é loitar
para que non se extingan,
para que se falen e se fagan escoitar,

para que se escriban a todos os ventos,

para que se canten e se vistan se fai falta de bandeiras,
para afirmar que a lingua nos importa,
que, no noso caso, significa
seguir ensinando e aprendendo en galego!






Para facerse unha idea un par de vídeos do IES de Porto do Son ben representativos:
O primeiro, da manifestación do 21 de xaneiro día da folga contra o decretazo, coas palabras, entre outras, de Ferrín o noso poeta presidente da Real Academia Galega, da cantora Guadi Galego, de poetas como Anxo Angueira, Chus Pato, X.M.Álvarez Cáccamo, Fernán Vello...
O segundo, coa lúcida intervención, entre outras tamén, da nosa coordinadora de Normalización e Dinamización Lingüística, durante a Xornada de Formación dos Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010.

Manifestación "Queremos Galego" 21-01-2010 from SonCine on Vimeo.


as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.

Nenhum comentário:

Postar um comentário