Pesquisar este blog

segunda-feira, 26 de outubro de 2009

aprender árabe máis en serio

A escola dise almadrasa en árabe. Como nunha escola, nesta páxina encóntranse diferentes cursos e recursos para aprender a lingua árabe. E a quen quera aprender español e sabe árabe pode resultarlle moi útil.

Para empezar con álgo básico:

Árabe para principiantes

El Alfabeto Árabe Al‘byadiíah Al'arabiíah الأبجديّة العربيّة

Pronomes Personais Damaa‘iru rraf'il munfasilah ضمائرُ الرَّفعِ المُنفَصِلة

Os Números
ِAl‘rqaam
الأرقام

Os Números Ordinais
Al'adaad Attartibiíah الأعداد الترتيبيّة

A hora
Assaa'ah
السَّاعَة

O Tempo Alwaqt الوَقت

etc

(Para facer as 36 leccións da lingua árabe cómpre suscribirse).

A continuación, Método árabe vivo, con frases progresivamente máis complexas en árabe e español. Con nove leccións que constan de explicacións de gramática, vocabulario e exercicios.


Novo método de árabe componse de catorce leccións con diálogos, textos bilingües e diversas propostas de tradución e exercicios.

Todos os enlaces valen para aprender nunha e noutra direccións: a quen fala español e quere aprender árabe e a quen fala árabe e quere aprender español.