
Comezamos unha unidade didáctica sobre Costa de Marfil.
Temos algunha idea acerca das linguas que alí se falan, como o beté que falan as nosas compañeiras, o dioula e moitas máis linguas, que o francés é a lingua oficial e que os principais cultivos son o cacao e o café, e tamén banana, piña, palma, millo, sorgo e maní. No que se refire ás industrias destaca a industria alimentaria baseada nos cultivos e a madeira, procesamento do petróleo procedente de Alxeria, plantas de montaxe de automóbiles, construción, asteleiros,...
Para empezar podemos ubicar o país nun mapa de África e vemos que está situada na costa occidental atlántica, no golfo da Guiné.
Praias e manglares, sabana e selva, poboados de construcións artesanais e cidades con modernos edificios, mezquitas e basílicas,... en Costa de Marfil pódese encontrar todo tipo de contrastes na paisaxe xeográfica e humana, como se pode ver na galería de fotos da web de losviajeros.com , ou nesta outra onde se poden ver fotos de Abidjan, a cidade máis poboada do país, principal porto e capital económica e diplomática(desde 1983 a capital oficial é Yamusukro).
Nenhum comentário:
Postar um comentário