Un garda de tráfico, un cidadán, un amigo... falando en galego do Brasil.
domingo, 23 de outubro de 2011
sexta-feira, 21 de outubro de 2011
obradoiro con Paola Guimeráns
A artista Paola Guimeráns pasou unha tarde con nós na biblioteca do instituto e ensinounos a poñer luces aos deseños en cartón. Primeiro explicou ao grupo o que era un circuito "brando" ou soft circuit; repartíu o material preciso e logo aproveitamos que está chegando o Samaín para debuxar algúns morcegos e pantasmas aos que se lle acendían os ollos, aínda que o que se di moito medo non daban.
Mais o obxectivo era despertar a creatividade asociando esta á aprendizaxe tecnolóxica e nese aspecto a actividade foi totalmente satisfactoria pois aprendimos a facer un circuito eléctrico sen tan siquera decatarnos, dun xeito lúdico e nada convencional.
Bravo por Paola!

terça-feira, 11 de outubro de 2011
presentacións
A principal actividade nos primeiros días do curso é a de presentarse. Decir e escribir o nome para que o resto do grupo se dea á infructuosa tarefa -as máis das veces- de pronuncialo: Wol-f-gan-g, Har-t-mu-t, Au-dry, Ba-sha-r...
Cada quen fala unha lingua diferente: alemán, amazigh, francés, inglés, bangla...
Contamos de que país e de que cidade ou vila vimos coa axuda do planisferio.
As palabras chave son nome e país.
As frases: como te chamas e de onde es?
Despois, todo o que dea de si a conversa .
Para ubicarse utilizánse os puntos cardinais: norte, sur, leste, oeste.
Onde está...?
Costa de Marfil está no oeste de África.
Marrocos, no noroeste de África e Galiza, no noroeste de España.
Bangladesh, ao nordeste da India e ao sur de Bután.
E así.

Assinar:
Postagens (Atom)