Níxer, país da África occidental, está situado ao sur de Alxeria e Libia, ao norte de Benin e Nixeria, ao leste de Burkina Faso e Malí e ao oeste do Chad.
A capital é Niamey.
Entre os recursos naturais do Níxer figuran o ouro, ferro, carbón, uranio e petróleo.
Certos animais, coma os elefantes, os leóns e as xirafas, encóntranse aquí en perigo de desaparición en razón da destrución dos bosques.
O país ten dous terzos do seu
territorio no Deserto do Sahara, que son practicamente inhabitables e
constitúen todo o norte do pais. O resto esténdese polas marxes do río Níxer,
con grandes sabanas onde é posible a cría de gado e a práctica da agricultura.
É
nesta zona onde se atopa a capital, como tamén os principais centros poboados.
A zona desértica alcanza o seu
máximo rigor no Teneré. Alí áchanse macizos montañosos como o do Aïr, que acada
o seu cumio máximo no monte Bagzane, de 2022 m. As cidades máis importantes desta zona
son Tahoua e Agadez.
No extremo
suroriental atópase unha parte do lago Chad, que Níxer comparte con Chad, con Nixeria
e con Camerún, e onde habitan os beri beri. Este lago e o río Níxer
subministran a maior parte de auga potable do país.
O clima nixerino é moi caloroso,
onde a temperatura media supera os 30 °C. Trátase dun clima subtropical, que
é xeralmente quente e seco, existindo no extremo sur unha zona de clima
tropical.
Kadre ven de Níxer e fala tamén a lingua
fante, como Margaret que vén de Ghana.