Pesquisar este blog

sexta-feira, 23 de abril de 2010

gústache ler?

Ademais de conversar, ver pelis, escoitar música e interesarse pola cultura do lugar onde se fala unha das mellores maneiras de apreciar a lingua é achegarse aos seus libros.

terça-feira, 13 de abril de 2010

Rilke traducido ao galego



En POESÍA de PETO da Editorial TrisTram encontramos pequenas maravillas en versión orixinal xunto coa súa tradución ao galego, como exemplo este poema que Rilke dedica a unha pantera no Xardín das Plantas de París.



sexta-feira, 9 de abril de 2010

poesía escrita, recitada e traducida

Imaxinas aprender a pronunciar unha lingua a base de poemas?
Nesta web feita en Berlin é posible porque cada poema vai acompañado de audio e traducido a algunha outra lingua que nalgúns casos pode resultar familiar, dependendo das que ti fales ou entendas.

Por exemplo, se falas árabe -ou alemá- podes ler este poema en árabe, acompado de audio coas palabras do propio poeta e ten unha tradución ao alemán. Titúlase "Unha ostra" ("mahara") e comeza así: "O mar non está aquí..."

Está na web de lyrikline.org onde vas encontrar poemas recitados e escritos en moitas linguas: alemá, afrikaans, árabe, española, polaca, portuguesa, ucraniana,... incluídas algunhas minoritarias como basca, bretona ou catalá.

Nótase en falta a galega, lingua-berce de poetas!
Aínda non lle cadrou a alguén que escriba e recite pasar por alí e deixar os seus versos?

Para facernos idea de como ficaría un poema alí en galego, unha lingua que se lle parece coma unha irmá oferece este poema con sutaque brasileiro a palavra negro.

quarta-feira, 7 de abril de 2010

entenderse en distintas linguas

Ao fondo do blog colocamos un par de curtas de flocos.tv: "Good Night, mon ami" e "A escola das areas". A primeira delas é un despropósito lingüístico. Unha demostración máis de que o galego é un idioma universal...
Cousas da emigración!
A segunda, para entender a condición de diglosia pola que atravesou e continúa atravesando a nosa lingua.

terça-feira, 6 de abril de 2010

para falantes -e tamén estudantes- de alemán

No seu apartado un paseo, o curso de español en alemán ten unha serie de audios sobre Santiago de Compostela, en galego, con transcripción e tradución ao alemán (é só pasar o rato por enriba do texto e vai cambiando dunha lingua a outra).

Entre outros recursos a web presenta 24 leccións de gramática.

E se queres aprender/ensinar alemán esa páxina é fantástica!