Pesquisar este blog

sexta-feira, 25 de junho de 2010

emocións

Na península ibérica, ademais de galego, castelán e portugués, fálanse outras linguas como catalán, eusquera e bable.
Nesta emotiva reportaxe podemos escoitar A LINGUA CATALÁ e XAPONESA, con subtítulos en español.E aprender sobre as emocións a través da espontaneidade e naturalidade propias da infancia.


Pensando en los demás 1- Toshiro Kanamori
Cargado por avesagu. - Videos de noticias recién publicadas.

sexta-feira, 18 de junho de 2010

San Xoán

segunda-feira, 7 de junho de 2010

países onde nos entendemos falando galego



Este é un mapa da lusofonía.

Aprender galego serve non só para entender a máis xente en Galicia, poder ler a nosa literatura, escoitar as nosas cancións ou encontrar máis facilmente un traballo.

Por ter un pasado común coa lingua portuguesa o galego sérvenos para viaxar polo mundo:
Portugal que nos queda ben perto, o fascinante Brasil no continente americano, os países africanos chamados PALOP (países africanos de lingua oficial portuguesa) tais como Mozambique, Cabo Verde, Angola, S. Tomé e Príncipe, Guiné-Bissau e Guinea Ecuatorial (desde 2007) ou sitios remotos e exóticos como Macau en China, Timor Leste nas antípodas australianas, Goa, Simbor, Gogolá,... na India ou as mesmísimas Malaca en Asia e Zanzibar, unha illa mítica da África oriental.

En total suman máis de 240 millóns de falantes!

O galego é útil.

subida ao monte do Facho

Cada final de curso sempre hai algún grupo que fai una camiñada ao monte do Facho. Nesta ocasión, ademais do obradoiro de Astros tamén participou alumnado do grupo de Lingua para persoas estranxeiras: Margaret e Norberta, de Ghana; Florence, de Costa de Marfil; Mohamed, de Marrocos e Ewa, de Alemania, que levou a súa bebé Anni na mochila como fixo durante as clases ao longo do curso, tal unha auténtica cangura.