
Clarice Lispector era brasileira e sen embargo tiña nacido nunha aldea de Ucrania. Non sabemos se ela chegou a falar a lingua ou a escribir no alfabeto cirílico, só sabemos que escribía no seu galego-portugués do Brasil e que traducíu a escritores de fala inglesa. Mais posiblemente sentíu curiosidade polas linguas eslavas, entre as que se contan tamén o búlgaro, polaco, eslovaco, checo, ruso e bieloruso, as linguas dos Balcáns (serbio, croata,...) e algunhas do norte de Asia.
En ucraniaonline podemos encontrar datos sobre o país, sobre a lingua, así como cancións con subtítulos e máis cousas.

Alfabeto cirílico ucraniano:
Аа Бб Вв Гг Ґґ Дд Ее Єє Жж Зз Ии Іі Її Йй Кк Лл Мм Нн Оо Пп Рр Сс Тт Уу Фф Хх Цц Чч Шш Щщ Юю Яя Ьь
(Os caracteres en negrita non se usan en ruso. As letras Ё, Ы, Ь do cirílico ruso non existen en ucraniano.)
Dentro do site ucraniaonline pódense ler algunhas frases en ucraniano , ruso e español, todas en caracteres latinos.
Podemos ler dous sonetos transatlánticos de Oksana Zabuzhko con versión tamén en inglés, ou un par de poemas do gran poeta Tarás Chewtchenko traducidos ao portugués.
Un site sobre poesía ucraniana en varias linguas (inglés, alemán, español, portugués,...)
Aprender sobre Ucrania visitando o blog dunha nativa de alí:
Parece que pokatushki significa en ruso unha viaxe pequena en coche. Pois ben, para facerse idea dun país, a súa lingua e costumes, que mellor que velo a través dos ollos de alguén que se pasea polas rúas das súas cidades e vilas (e por outros países tamén) e nolo conta no seu blog, mentras aprende español.
Todo isto para animar á nosa amiga Vic a que nos conte algunha historia sobre a súa lingua e o seu país!
Que detalle pola tua parte,Cris.Pronto terdes novas miñas.Deica logo
ResponderExcluirOla Cristina e amigos blogueros.Son unha ucraniana que vive en Galiza.Esta terra ten moitas cousas en comun con Ucrania,como a paisaxe de cor verde,montes de formas suaves,rios que serpentean polos prados verdes que alimenta o ganado.As xentes que poboan Galiza e Ucrania teñen habitos de vida sinxelos e costumes parecidos,somos non demasiado extrovertidos,centrados na familia e no fogar como nucleo central.
ResponderExcluirTamen compartimos males comuns como he a crise actual previsibel que estamos a sufrir.Tamen padecemos unha clase politica influenciable polo poder real e despreocupada da cidadania,donde a corrupcion e algo que teñen como obxetivo.
Este domingo en Ucrania hai eleccions a presidente,compiten dous vellos coñecidos da xustiza involucrados en casos de roubo.¡Como non! o terceiro en discordia ainda he novo nestas lides,por eso esta a recibir un respaldo entre os ciudadans o cal non se traduce en votos oficiais,pode ser fraude ou medo da cidadania o cambio politico,ou simplemente astio e deixazon.
Saudos agarimosos a todos.Victoria
Grazas polos teus comentarios Victoria, e hurra polo teu galego!
ResponderExcluirEspero que pronto nos deixes un post con algún texto escrito en caracteres cirílicos de Ucrania e unha breve explicación para que o entendamos.