.Utilizamos o verbo TER. Facemos preguntas:
Cantos fillos tes? Tes fillas? Tes algún irmán? Cantas irmás tes?
Que tendes na man? Quen ten hora? Quen ten un dicionario? Alguén ten frío?
Facemos frases de uso común co verbo ter en presente:
teño frío/calor, teño sono, teño fame/sede, non temos présa, temos moito tempo.
Comparamos co inglés I'm cold/hot, I'm sleepy, I'm hungry/thirsty, we are not in a hurry...
Comparamos o presente do verbo SER nas linguas do alumnado
En rumano: Eu soni
En portugués: Eu sou
Alemán: Ich bin
En francés: Je suis
En árabe é só o pronome: ana (eu)
Buscamos diferenzas básicas entre SER e ESTAR.
A grandes rasgos:
Ser ten carácter máis definitivo.
Estar, máis provisional.
"Son marroquí, estou en Cangas."
"Florence é alta. Izolina está resfriada."
Falamos das similitudes das linguas románicas: galego-español-portugués-rumano-francés...
As linguas que se falan na clase:
ALEMÁN-ÁRABE-BÉRBER-ESPAÑOL-FRANCÉS-GALEGO-INGLÉS-RUMANO
Os alfabetos árabe e bérber.
Nenhum comentário:
Postar um comentário