Pesquisar este blog

quinta-feira, 18 de março de 2010

África Salinae nana

Xa que Florence voltou de Costa de Marfil aproveitamos para falar do seu país. Despois de situalo no mapa, ler algo da súa historia ou calcular os anos que foi colonia francesa, aprendimos un par de palabras de supervivencia en dioula , lingua que falan ademais países veciños como Malí ou Burkina Faso (dji por exemplo significa auga e djegué peixe) e vimos algunhas fotos de Korhogo e Abidjan. Florence contestou as preguntas que lle fixemos e contou que quere ser agricultora e cultivar hevea, a árbore do caucho. Falamos do cacao, de como o seu cultivo precisa sol e sombra, por iso ás veces plántanno baixo as bananeiras que protexen as plantas do cacao mentras son pequenas e non aturan o exceso de sol.

Unha destas tardes visitamos a exposición sobre artesanía africana na casa da cultura de Cangas e esta semana a de Catalá-Roca na Fundación Barrié de la Maza e as salinas romanas do Areal.

Fixemos algunhas fotos e saíron movidas pero as escenas teñen o seu encanto: Nati e as súas compañeiras fascinadas co tear que Ibrahima lles ensinou, o sorriso de Florence, a diminuta man de Anni tocando a de Norberta, Margaret toda atenta na clase, as meninas merendando na excursión e a hora do café para todas antes de apañar o barco.
Non vos perdades o final e subir o volume para escoitar a linda voz de Ewa cantando en alemán nanas á súa pequena (de vagariño por certo, como di a letra da primeira canción, dos brasileiros Sandra Peres e Paulo Tatit).

Um comentário:

  1. Mi país es Ghana y está al Este de Costa de Marfil. En Ghana se cultiva también el cacao, de hecho, es segundo productor de cacao en el mundo.
    Además hay muchos minerales como oro, bauxita, hierro, manganeso,…
    Margaret

    ResponderExcluir