
Este é un mapa da lusofonía.
Aprender galego serve non só para entender a máis xente en Galicia, poder ler a nosa literatura, escoitar as nosas cancións ou encontrar máis facilmente un traballo.
Por ter un pasado común coa lingua portuguesa o galego sérvenos para viaxar polo mundo:
Portugal que nos queda ben perto, o fascinante Brasil no continente americano, os países africanos chamados PALOP (países africanos de lingua oficial portuguesa) tais como Mozambique, Cabo Verde, Angola, S. Tomé e Príncipe, Guiné-Bissau e Guinea Ecuatorial (desde 2007) ou sitios remotos e exóticos como Macau en China, Timor Leste nas antípodas australianas, Goa, Simbor, Gogolá,... na India ou as mesmísimas Malaca en Asia e Zanzibar, unha illa mítica da África oriental.
En total suman máis de 240 millóns de falantes!
O galego é útil.