Pesquisar este blog

sexta-feira, 28 de janeiro de 2011

Cancións para o día da Paz

O domingo celébrase o día da paz. Pero antes de celebrar podiamos pararnos a reflexionar na forma en que tratamos ás veces á terra e aos seres que habitan nela. Deixemos que as imaxes entren polos ollos e doan o bastante para despois xuntarnos a cantar porque, a fin de contas "Nós somos o Mundo".

De paso, unha lembranza para Mickel Jackson que nos deixou as súas reflexións en forma de canción.



E xa que nós somos o mundo e por tanto o mundo somos nós, deberiamos coidalo máis, non?

sexta-feira, 21 de janeiro de 2011


Hoxe o grupo ven de Marruecos, Grecia e Alemania.

segunda-feira, 17 de janeiro de 2011

Homenaxe a Rosalía en Bonaval

Rosalía de Castro, poeta galega universal, homenaxeada por artistas que recitan e cantan os seus poemas.

sexta-feira, 14 de janeiro de 2011

música bérber


Fatima Tabaâmrante ******tizwite rzem tifraouine******

palabras que non son como palabras

Un poema de Nizar Kabbani (نزار قباني ), poeta sirio chamado poeta do amor, cantado pola libanesa Majda Rumi.



Palabras (Kalimât)

Cando estamos bailando,
susúrrame palabras
que non son como as palabras.
Abrázame e súbeme a unha nube.
E unha chuvia negra
esbara dos meus ollos.
Lévame a un ceo
con varandas de rosas,
síntome unha nena
collida da man.
Coma unha pluma
que leva a brisa.
Traeme sete lúas nas mans
e un ramo de cancións.
Dame un sol, un anaco de verán,
un concerto de paxaros.
Conta miles de historias
que me encandilan.
Que me fan esquecer
a música e os pasos.
Palabras que me transtornan.
Que me fan virar unha muller diferente.
Constrúeme un palacio de ilusións,
no que vivo só por uns instantes.
E ao voltar á mesa,
levo comigo palabras.
Palabras que non son coma as demais palabras.

quinta-feira, 13 de janeiro de 2011

galaico-portugués

No concerto co que se pechou a XVI edición de Ponte... nas ondas! a cantante brasileira Margaret Menezes agasallou ao público con esta canción de irmanamento lingüístico-emocional.

quarta-feira, 12 de janeiro de 2011

o regalo da música

Cando se vive polo mundo adiante vanse encontrando diversos tesouros que nos gustaría gardar. Un dos mellores é a música, que ademais apenas ocupa sitio en casa!
Estes son tres regalos que Hartmut nos trae de tres lugares nos que vivíu e vive: Alemania, Australia e por fin Galicia.

Reinhard Fendrich
Reinhard May




Kevin Johnson




Carlos Núñez

terça-feira, 11 de janeiro de 2011