Pesquisar este blog

domingo, 21 de fevereiro de 2010

día internacional da lingua materna

A partir de hoxe 21 de febreiro poderanse ver en Discovery Channel programas curtos onde se pode escoitar a falantes de linguas en perigo de extinción, como esta bailadora das Terras Altas, unha rapaza escocesa que se sinte orgullosa de falar gaélico.



Na Galiza tamén sentimos orgullo de ter unha lingua propia como declara o Manifesto de ProLingua e onde podemos comprobalo neste fantástico vídeo dunha rapaza rusa que se pasea por Santiago e outros lugares preguntando á xente por que fala a lingua, cal é a súa palabra favorita...



O vídeo foi encontrado a través do blog A profa, onde tamén se pode ver o vídeo Linguas cruzadas.