Esta lingua é o GALEGO.
Uns mil anos atrás era galego-portugués, idioma falado nun reino do noroeste da península ibérica no que cantaron trovadores e reis poetas.
Hoxe é a lingua da Galiza. Lingua na que podemos entendernos con xentes de Portugal e do Brasil, e coa que podemos tamén viaxar por países de África como Cabo Verde, Guiné Bissau, Santomé e Príncipe, Angola ou Mozambique (onde o sutaque é sorprendentemente parecido!), por Goa na India e Macao na China ou até por Timor Leste, nunha illa entre Australia e Indonesia.
Co galego podemos ir moi lonxe!
No medio do Atlántico, nas illas Azores, e na Madeira, conseguimos, en canto á fala, sentirnos como na casa.
A lingua galega enténdena facilmente as xentes de fala española coas que convive estreitamente e que ademais do suroeste de Europa e algunhas zonas e países de África (norte de Marrocos, Sahara Occidental, Guinea ecuatorial,...) e Filipinas, son moitas as persoas que a falan en América do sur, América central e en parte dos Estados Unidos, onde unha porcentaxe importante da poboación é de orixe hispana.
Co catalán e o éuscaro comparte situación de lingua cooficial e minoritaria dentro do estado español e tópicos comúns en canto a simpatías e rexeitamentos.
Alén disto, o histórico éxodo galego cara a emigración deixou xentes da fala por todas partes, principalmente en Europa e América. Non será difícil atopar alguén que fala galego nalgunhas cidades de Alemania ou Suíza.
O galego, por afinidade léxica, fonética ou ambas, serve de ponte entre portugués, italiano e castelán.
Non nos privemos de disfrutar desta lingua minoritaria con proxección maioritaria. Non permitamos que corra perigo de extinción.
Aprender galego, como calquera outra lingua, "non resta, suma".
Indo un pouco máis lonxe e tendo en conta que unha lingua que se aprende amplía as conexións con outras, estas con outras, e así sucesivamente, podemos afirmar que cada lingua que comprendemos e falamos multiplica de xeito exponencial as nosas posibilidades de comunicación.
Que é do que se trata, despois de todo.
sábado, 31 de outubro de 2009
segunda-feira, 26 de outubro de 2009
aprender árabe máis en serio
A escola dise almadrasa en árabe. Como nunha escola, nesta páxina encóntranse diferentes cursos e recursos para aprender a lingua árabe. E a quen quera aprender español e sabe árabe pode resultarlle moi útil.
Para empezar con álgo básico:
Árabe para principiantes
El Alfabeto Árabe Al‘byadiíah Al'arabiíah الأبجديّة العربيّة
Pronomes Personais Damaa‘iru rraf'il munfasilah ضمائرُ الرَّفعِ المُنفَصِلة
Os Números
ِAl‘rqaam
الأرقام
Os Números Ordinais
Al'adaad Attartibiíah الأعداد الترتيبيّة
A hora
Assaa'ah
السَّاعَة
O Tempo Alwaqt الوَقت
etc
(Para facer as 36 leccións da lingua árabe cómpre suscribirse).
A continuación, Método árabe vivo, con frases progresivamente máis complexas en árabe e español. Con nove leccións que constan de explicacións de gramática, vocabulario e exercicios.
Novo método de árabe componse de catorce leccións con diálogos, textos bilingües e diversas propostas de tradución e exercicios.
Todos os enlaces valen para aprender nunha e noutra direccións: a quen fala español e quere aprender árabe e a quen fala árabe e quere aprender español.
Para empezar con álgo básico:
Árabe para principiantes
El Alfabeto Árabe Al‘byadiíah Al'arabiíah الأبجديّة العربيّة
Pronomes Personais Damaa‘iru rraf'il munfasilah ضمائرُ الرَّفعِ المُنفَصِلة
Os Números
ِAl‘rqaam
الأرقام
Os Números Ordinais
Al'adaad Attartibiíah الأعداد الترتيبيّة
A hora
Assaa'ah
السَّاعَة
O Tempo Alwaqt الوَقت
etc
(Para facer as 36 leccións da lingua árabe cómpre suscribirse).
A continuación, Método árabe vivo, con frases progresivamente máis complexas en árabe e español. Con nove leccións que constan de explicacións de gramática, vocabulario e exercicios.
Novo método de árabe componse de catorce leccións con diálogos, textos bilingües e diversas propostas de tradución e exercicios.
Todos os enlaces valen para aprender nunha e noutra direccións: a quen fala español e quere aprender árabe e a quen fala árabe e quere aprender español.
sexta-feira, 23 de outubro de 2009
Que facer no Samaín
Samaín, que significa o fin do verán ou "Summer's End", é unha festa ancestral que celebra o fin das colleitas e pasou a ser Halloween (All Hallow’s Eve que literalmente é víspera de todos os santos) polos séculos V ou VI, cando os celtas se convertiron ao cristianismo. Celébrase a partir do atardecer do 31 de octubro.
Na tradición celta o Samaín é o momento propicio para transitar polo mundo das fadas e das xentes que viviron noutro tempo, para ter en conta os seres que xa non están no mundo físico e comunicar con eles mediante distintos rituais, como acender velas ou deixarlles na mesa comida e bebida durante a noite.
Nalgúns países de latinoamérica as familias van comer ese día aos cemiterios, e celebran unha gran festa, con música e danzas.
Na Galiza rural, non hai moitos anos aínda se furaban ollos, nariz e boca nas cabazas, poñíaselles unha vela dentro e a crianzada saía con elas acesas para asustar á xente.
En canto á gastronomía, castañas e chulas de mangueta, que é como en Cangas se lle chama á cabaza. En La cocina de lechuza encontrarás receitas e información sobre esta festividade.
E ti, como o celebras o Samaín?
Unha proposta encontrada na rede:
What to do in Samhain
Carve a face on a pumpkin
Plant pumpkin seeds
Go for a walk in the Woods
Remember departed friends and family
Share feelings about life and death
Collect fallen leaves, stones,… to construct a Samhaim altar
Read scary stories
Have a party
para falantes de portugués
Para as falantes brasileiras esta web para apender espanhol on line pode estar ben.
Para empezar:
Aprender Espanhol é realmente fácil?
A continuación escolle o que precises máis
exercicios de espanhol,
gramática,
textos
frases en espanhol
ESTUDEM CASTELHANO MAS LEMBREM
QUE NA GALIZA VOCÊS
PODEM PERFECTAMENTE COMUNICAR
EN GALEGO-PORTUGUÊS,
O SEU GALEGO DO BRASIL!
Para não ficar com ganas e sim com saudades, escoitem a Aquarela do Brasil na versão de Daniela Mercuri.
E para @s fans de Carmen Miranda e o Donald! esta delicia:
Para empezar:
Aprender Espanhol é realmente fácil?
A continuación escolle o que precises máis
exercicios de espanhol,
gramática,
textos
frases en espanhol
ESTUDEM CASTELHANO MAS LEMBREM
QUE NA GALIZA VOCÊS
PODEM PERFECTAMENTE COMUNICAR
EN GALEGO-PORTUGUÊS,
O SEU GALEGO DO BRASIL!
Para não ficar com ganas e sim com saudades, escoitem a Aquarela do Brasil na versão de Daniela Mercuri.
E para @s fans de Carmen Miranda e o Donald! esta delicia:
Marcadores:
aprender linguas,
cancións en portugués
quinta-feira, 22 de outubro de 2009
polyglot
Nestas páxinas de Polyglot hai vocabulario clasificado por temas, con tradución e audio coa pronunciación, en español e na túa lingua.
quen fala galego-portugués
quen fala árabe...
quen fala inglés
quen fala francés
quen fala italiano
quen fala ruso
quen fala rumano
quen fala alemán
quen fala chinés
quen fala grego
quen fala ucraíno
quen fala sueco
quen fala polaco
quen fala galego-portugués
quen fala árabe...
quen fala inglés
quen fala francés
quen fala italiano
quen fala ruso
quen fala rumano
quen fala alemán
quen fala chinés
quen fala grego
quen fala ucraíno
quen fala sueco
quen fala polaco
quarta-feira, 21 de outubro de 2009
aprender árabe con aulafacil.com
30 leccións en árabe, con explicacións en español, palabras en grafía árabe e transliteración. Vocabulario básico, algunhas estructuras gramaticais e outras particularidades, pero útil para facerse unha idea global desta lingua fascinante.
palabras árabes
O galego, o portugués e o español están cheos de palabras (Kalimat) que proveñen da lingua árabe.
Palabras como arroz (arruz), alhambra (al hambra "a vermella"), aceite (azit),... e centos delas e de topónimos: Algarbe, Alcántara,...
No hipervínculo do parágrafo anterior entrarás nunha páxina de etimoloxía árabe dalgunhas palabras en español, con actividades.
Palabras como arroz (arruz), alhambra (al hambra "a vermella"), aceite (azit),... e centos delas e de topónimos: Algarbe, Alcántara,...
No hipervínculo do parágrafo anterior entrarás nunha páxina de etimoloxía árabe dalgunhas palabras en español, con actividades.
contacontos (raoui)
Oh contacontos cóntanos unha historia
Fainos un conto
Cóntame da xente de antes
Cóntame das mil e unha noites
E de Lunja a filla de Ghoul
E do fillo do Sultán
Estou a piques de contar unha historia
Lévanos lonxe deste mundo
Estou a piques de contar unha historia
Cada quen ten unha historia no seu corazón
Narra e esquece que somos maiores
Na túa mente somos xóvenes
Cóntanos do ceo e do inferno
Do paxaro que nunca voou na súa vida
Fainos coomprender o significado do mundo
Oh contacontos cóntao tal como cho contaron
Non engadas nada, non deixes nada fora
Poderiamos ver na túa mente
Narra para facernos esquecer este tempo
Déixanos no mundo do Érase unha vez
سعاد ماسي - راوي
يا راوي حكي حكاية
مادابك تكون رواية
حكي لي على ناس الزمان
حكي لي على ألف ليلة وليلة
وعلى لنجة بنت الغولة
وعلى ولد السلطان
حانجيتك مانجيتك
دنا بعيد من هادي دنيا
حاجيتك ماجيتك
كل واحد منا في قلبه حكاية
حكي وانسى بلي احنا كبار
في بالك رانا صغار
حكي لنا على الجنة حكي لنا على النار
على طير عمره ما طار
فهمنا معانى الدنيا
يا راوي حكي كما حكوا لك
ما تزيد ما نقص من عندك
كاين نشفوا على بالك
حكي لنسينا في هاد زمان
خلينا في كان يا ما كان
Oh storyteller tell us a story
Make it a tale
Tell me about the people of old
Tell me about 1001 Nights
And about Lunja daughter of the Ghoul
And about the son of the Sultan
I'm about to tell a story (I'm just told that this phrase is what is said before you tell a story, I have no idea what it could mean)
Take us far from this world
I'm about to tell a story
Everyone of us has a story in his heart
Narrate and forget we're adults
In your mind we're young
Tell us about heaven and hell
About the bird that never flew in his life
Make us understand the meaning of the world
Oh storyteller tell it just as they told you
Don't add anything, don't leave anything out
We could see into your mind
Narrate to make us forget this time
Leave us in the world of once upon a time
Podes encontrar máis cancións en árabe traducidas ao inglés en Arabic Song Lyrics and Translation
Fainos un conto
Cóntame da xente de antes
Cóntame das mil e unha noites
E de Lunja a filla de Ghoul
E do fillo do Sultán
Estou a piques de contar unha historia
Lévanos lonxe deste mundo
Estou a piques de contar unha historia
Cada quen ten unha historia no seu corazón
Narra e esquece que somos maiores
Na túa mente somos xóvenes
Cóntanos do ceo e do inferno
Do paxaro que nunca voou na súa vida
Fainos coomprender o significado do mundo
Oh contacontos cóntao tal como cho contaron
Non engadas nada, non deixes nada fora
Poderiamos ver na túa mente
Narra para facernos esquecer este tempo
Déixanos no mundo do Érase unha vez
سعاد ماسي - راوي
يا راوي حكي حكاية
مادابك تكون رواية
حكي لي على ناس الزمان
حكي لي على ألف ليلة وليلة
وعلى لنجة بنت الغولة
وعلى ولد السلطان
حانجيتك مانجيتك
دنا بعيد من هادي دنيا
حاجيتك ماجيتك
كل واحد منا في قلبه حكاية
حكي وانسى بلي احنا كبار
في بالك رانا صغار
حكي لنا على الجنة حكي لنا على النار
على طير عمره ما طار
فهمنا معانى الدنيا
يا راوي حكي كما حكوا لك
ما تزيد ما نقص من عندك
كاين نشفوا على بالك
حكي لنسينا في هاد زمان
خلينا في كان يا ما كان
Oh storyteller tell us a story
Make it a tale
Tell me about the people of old
Tell me about 1001 Nights
And about Lunja daughter of the Ghoul
And about the son of the Sultan
I'm about to tell a story (I'm just told that this phrase is what is said before you tell a story, I have no idea what it could mean)
Take us far from this world
I'm about to tell a story
Everyone of us has a story in his heart
Narrate and forget we're adults
In your mind we're young
Tell us about heaven and hell
About the bird that never flew in his life
Make us understand the meaning of the world
Oh storyteller tell it just as they told you
Don't add anything, don't leave anything out
We could see into your mind
Narrate to make us forget this time
Leave us in the world of once upon a time
Podes encontrar máis cancións en árabe traducidas ao inglés en Arabic Song Lyrics and Translation
terça-feira, 20 de outubro de 2009
verbo gustar
Me gusta/no me gusta
Marcadores:
español para falantes de inglés,
verbos,
vídeos internet
linguas que aquí se falan
Desde hai varios cursos, practicamente desde que se integraron as Escolas de Adultos nos institutos, e en particular a Escola de Adultos de Cangas no IES de Rodeira, que é o noso caso, impartíronse clases para persoas estranxeiras. Son grupos heteroxéneos nos que se poden escoitar diversas linguas e ler diversas grafías, como árabe, berber, ucraíno, chinés, grego.
Ao comezar o curso e cando chega alguén novo usamos mapas para ver os lugares de procedencia. Así sabemos onde ubicar as vidas das persoas e as linguas que falan.
Escóitanse moitas linguas diferentes na clase de Lingua para persoas estranxeiras!
Unhas son linguas comúns e moi faladas, como o inglés, o francés, o portugués,... outras son para nós ben difíciles de aprender como o chinés; hainas das que a penas se coñece o seu alfabeto, como o berber ou amazigh (falado entre outros países en Marrocos), as que ao escribilas ou lelas víransenos os ollos pois van en sentido oposto ao que acostumamos como o árabe, e as como o grego lembran as matemáticas, a física e a cultura clásica.
Dentro do grupo descúbrense afinidades e nalgúns casos créanse auténticas amizades, mais asemade tratamos de propiciar a relación cos demais grupos, participacipando en saídas, festas e excursións, para coñecer os lugares, costumes, xeografía, historia e lingua propias da Galiza que é onde vivimos; e aínda que moitas das persoas chegan pedindo castelán acaban interesándose polo galego xa que é a lingua que escoitan ao seu arredor, no mercado, no instituto, ou á súa propia familia política cando se dá o caso e que cada vez é máis habitual: hai quen cambia de país en busca de traballo e quen o fai por vivir coa parella e se cadra co resto da familia tamén.
Actualmente o alumnado estranxeiro da quenda de tarde procede de Inglaterra, Brasil, Ghana, Costa de Marfil, Alemania e Marrocos, pero noutros cursos pasaron por estas clases persoas que viñan de Suíza, Portugal, Ucraina, Grecia, Rumanía, e mesmo de máis lonxe como Suráfrica, Madagascar, Filipinas, Tanzania ou China.
Algunhas destas persoas voltan ao seu país ou continúan viaxando; e hainas que van encontrando traballo, construíndo amizades, familias, casas,... e van ficando. Unhas poucas, como Karen que veu de Suráfrica, deciden seguir estudando e aquí continúan, lidando coa xeografía, as linguas e as matemáticas.
Para non perder o contacto debido a todas estas vicisitudes, o alumnado dispón deste blog onde encontrar enlaces a recursos e poñerse ao día nalgunhas das actividades, así como coñecer aspectos da lingua e cultura da Galiza e ao que pode acceder para expresar, na propia lingua se quere, elementos da súa cultura como tradicións, gastronomía, música, artesanía ou literatura.

verbos
Conxugador de verbos:
en español
en inglés
en francés
Para empezar:
Estes vídeos van dirixidos a anglofalantes pero valen tamén para o resto, aínda que non se teña idea de inglés porque son moi sinxelos e, de paso, quen non sabe empeza a aprender inglés.
A "canción da conxugación" (o 4º vídeo) é divertido, didáctico e musical!
en español
en inglés
en francés
Para empezar:
Estes vídeos van dirixidos a anglofalantes pero valen tamén para o resto, aínda que non se teña idea de inglés porque son moi sinxelos e, de paso, quen non sabe empeza a aprender inglés.
A "canción da conxugación" (o 4º vídeo) é divertido, didáctico e musical!
aprender español online
Hai tanta web de español para falantes de inglés que é difícil propoñer unha sen pensar en outras que poden ser máis interesantes. Algunhas son sinxelas e outras máis complicadas por estar cheas de hipervínculos que se ramifican. Entre estas últimas encóntrase 123teachme.com onde podemos encontrar exercicios de gramática, vocabulario, pronunciación, vídeos, cancións, xogos e toda clase de recursos. Entre eles vídeos como o que vén a continuación para aprender os pronomes:
Ou esta outra versión do señor Jordan:
Os vídeos do señor Jordan ensinan o español que se fala en latinoamérica (por exemplo, falta a segunda persoa plural nos verbos) pero son amenos e divertidos, como este no que utiliza a música de "La cucaracha" para aprender algúns pasados irregulares.
Ou esta outra versión do señor Jordan:
Os vídeos do señor Jordan ensinan o español que se fala en latinoamérica (por exemplo, falta a segunda persoa plural nos verbos) pero son amenos e divertidos, como este no que utiliza a música de "La cucaracha" para aprender algúns pasados irregulares.
vocabulario dos contos de fadas
Palabras en árabe e inglés para
MAGO MEIGA ANANO XIGANTE FADA
RAÍÑA REI PRINCESA SEREA MADRASTA
MAGO MEIGA ANANO XIGANTE FADA
RAÍÑA REI PRINCESA SEREA MADRASTA
Assinar:
Postagens (Atom)