Pesquisar este blog

quarta-feira, 17 de dezembro de 2008

saber galego suma

animais



segunda-feira, 3 de novembro de 2008

terça-feira, 15 de abril de 2008

os números en árabe


(ilustración da páxina Conversión de datas entre calendario islámico e gregoriano)

mentras que as letras en árabe escríbense de dereita a esquerda
os números fanno de esquerda a dereita




con transliteración




traducidos a galego, inglés, francés e español

0 cero zero zéro cero ноль ٠- صِفْر (Sifr)

1 un one un uno один ١ - وَاحِد (waaHid)

2 dous two deux dos два ٢- إِثْنَيْن (ithnaïn)

3 tres three trois tres три ٣- ثَلاثَة (thalaatha)

4 catro four quatre cuatro четыре ٤- أَرْبَعَة (arba')

5 cinco five cinq cinco пять ٥- خَمْسَة (khamsa)

6 seis six six seis шесть ٦- سِتَّة (sitta)

7 sete seven sept siete семь ٧- سَبْعَة (sab'a)

8 oito eight huit ocho восемь ٨- ثَمَانِيَة (zamania)

9 nove nine neuf nueve девять ٩- تِسْعَة (tis'a)

10 dez ten dix diez десять ١٠- عَشْرَة ('ashra)


en inglés e árabe



cantados

aprender árabe

Será tan difícil recordar como aprendimos a falar?
porque foi cando mellor o fixemos!
como estes artistas cantando tranquilamente o alifato.



As letras en árabe

En árabe a lectura faise de dereita á esquerda
e o alfabeto chámase alifato porque o nome da primeira letra é alif.






Escoita, canta e divírtete!

aprender galego

Para facerse unha idea global da lingua: CURSO DE LINGUA GALEGA

Se queres empezar por aprender algunhas palabras en galego e falas francés ou inglés, aquí tes un enlace onde podes encontrar vocabulario referente a saúdos e benvida, familia, casa, cidade, transporte, etc .

Algo moi útil:
CONXUGADOR DE VERBOS EN GALEGO.

segunda-feira, 14 de abril de 2008

aprender linguas

A lingua propia da Galiza é o galego. Lingua cooficial co español pero en evidente desvantaxe con este en innúmeras situacións dentro do seu propio territorio. Lingua irmá do portugués co que comparte un pasado poético.

Pero este sitio non está especialmente pensado para falar do galego. A idea é só familiarizarse e utilizar esta lingua mentras aprendemos cousas de árabe e de outras linguas e culturas que nos desperten interese.

Ademais de elementos da cultura da Galiza e outros países o que vamos ir poñendo aquí son enlaces a diferentes páxinas e material encontrado nalgunhas delas con vocabulario, gramática, audio, lecturas, vídeos, presentacións, cancións, poemas e textos diversos, clasificando as distintas entradas por categorías.

A maior parte do material sairá de internet onde os recursos para aprender de todo son cada vez máis accesibles, e desde este recanto e nesta lingua poñemos unha contribución máis, multicultural e posiblemente caótica, a xeito de caderno de notas onde apuntar os descubrimentos que se fan pola rede adiante. En ocasións usaremos hipervínculos para remitir directamente á información doutras páxinas e noutras haberá recorta e pega con algunha que outra modificación que normalmente consistirá simplemente en traducir ou explicar.