Pesquisar este blog

quinta-feira, 11 de março de 2010

de aquí e acolá

Hai un dito que di "a xente é de onde pace e non de onde nace".
Pois ben, a xente que vive por aquí é de aquí, mesmo sendo de acolá que é calquera outra parte, incluída a parroquia de enfrente.
Estas fotos xa teñen algún tempo, pero dalgún xeito reflicten a mistura que se vive na quenda de tarde dun instituto de secundaria con respecto ás diferenzas de idade, país de orixe, relixión ou xénero. Mesturadas, fotos do Fiadeiro nunha gala de hai uns anos e dun espectáculo da Fura dels Baus chamado "Acción A mámoa" onde estudantes formando un botafumeiro humano espallaban simbolicamente sobre o campus da universidade flores que simbolizaban o coñecemento.




Aquí vai a letra de "Paralá" a canción de Mercedes Peón que acompaña as imaxes:

Iai lela lelá…
Olla lá, la chançon de la Galice!

Para toda a miña xente
Son do Paralá
Para todos os meus parentes
Son do Paralá
Para a xentiña da Gholada
Son do Paralá
E para os de Oza do Río
Son do Paralá

Para toda a miña xente
Para tódolos meus parentes
Para a xentiña do mundo
Para meu irmao presente

Para a xente que non marxina
Son do Paralá
Para os que son musulmáns
Son do Paralá
Para os que son orientais
Son do Paralá
Para miña xente africana
Son do Paralá

Muiñeira da Ribeira
Muiñeira ribeirana
Muiñeira da Ribeira
Tócocha de mala ghana

Vaina levando na volta
Na volta vainos levando
Como están aquí de novas
Vainos acariñando

Para aquí para alá
Para alá para acá
E os de aquí para acolá
Para máis para alá

E os do Brasil vinde para aquí
Que nos imos para alí
E alén de alí

E o mundiño rola rola
O mundiño a rolar
E así anda e así anda
Teremolo que coidar
E así anda e así anda
E así anda e así anda
O mundiño a rolar