Dariya é o conxunto de dialectos do árabe. Un deles, hasania , fálase no Sahara Occidental e Mauritania e está formado por un 90% de vocabulario árabe e palabras procedentes do español e francés, con influencia bérber do zenaga e a lingua wolof.
Hai un dicionario español-hasania titulado Breve gramática de Hasanía y diccionario de árabe dialectal del Sáhara Occidental y de Mauritania.
Este dicionario de 7.000 palabras é ademais unha chamada de atención contra o esquecemento en que se mantén ao pobo saharaui, poñendo de manifesto a existencia dunha lingua que é parte inseparable da súa identidade.
O seguinte documental, dividido en dous vídeos, axudará a comprender a cultura e as difíciles condicións en que vive a xente do Sahara nos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Alxeria. Moitas persoas alí aínda falan español.
terça-feira, 23 de novembro de 2010
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário