A artista Paola Guimeráns pasou unha tarde con nós na biblioteca do instituto e ensinounos a poñer luces aos deseños en cartón. Primeiro explicou ao grupo o que era un circuito "brando" ou soft circuit; repartíu o material preciso e logo aproveitamos que está chegando o Samaín para debuxar algúns morcegos e pantasmas aos que se lle acendían os ollos, aínda que o que se di moito medo non daban.
Mais o obxectivo era despertar a creatividade asociando esta á aprendizaxe tecnolóxica e nese aspecto a actividade foi totalmente satisfactoria pois aprendimos a facer un circuito eléctrico sen tan siquera decatarnos, dun xeito lúdico e nada convencional.
Bravo por Paola!
sexta-feira, 21 de outubro de 2011
Assinar:
Postagens (Atom)