Moitos Bérberes chámanse Imazighen (Amazigh en singular), que significa "homes libres". Este nome é común en Marrocos e Alxeria, e desde mediados do século XX hai tendencia a usar o termo "Amazigh" no canto de "bérber", un termo importado para agrupar a toda a etnia bérber (Kabyle, chleuh, Touareg, etc.) Até a súa conquista no século XV, os pobos Bérber tamén incluían as Illas Canarias, pois os seus habitantes nativos, os guanches, falaban a lingua bérber.
De feito, "Canarias", o topónimo das illas, vén da cantidade de cactus que alí crecen e a palabra berber para cactus é aknari.
O conxunto de linguas bérber chámase Tamazight e constitúe unha rama das linguas afroasiáticas, falada por uns 45 millóns de persoas, especialmente en Alxeria e Marrocos.
tifinagh = alfabeto amazigh
Tamazight é o dialecto dos berberes que son os primeiros que viven en Marrocos antes dos árabes, e agora a xente poden estudar o tifinagh (letras do idioma berber) en Marrocos se queren.
Enlace a música berber.
terça-feira, 26 de janeiro de 2010
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário