Pesquisar este blog

quarta-feira, 30 de novembro de 2011

Onde está Marrocos?

Durante a semana pasada incorporáronse ao grupo varias persoas provenientes de Marrocos: Hassan, Lahsen, Kaltoum e Fatima que quere prepararse para o bacharelato.
Onte, algunhas alumnas de prácticas do Master en Necesidades Educativas Especiais pasaron unha sesión con este alumnado recén chegado. Levaron todas o seu nome escrito en caligrafía árabe e amazight. Para esa hora Bashar e Abid xa se tiñan ido, senón terían aportado a súa versión en alfabeto bangla.
Esta tarde falamos da Terra, do que tarda en dar a volta arredor do Sol, e da duración do ano gregoriano comparándoo co calendario islámico, que é un calendario lunar. No calendario da Hégira estamos en 1433. Aquí podemos convertir as datas automaticamente. 




quarta-feira, 23 de novembro de 2011

BabAziz

quinta-feira, 17 de novembro de 2011

Níxer

Un novo alumno nas nosas clases, esta vez ven de Níxer, case no corazón de África. Chámase Kadre e é mariñeiro, só que agora nin no mar hai traballo, por iso vén a clase.
Níxer limita con Arxelia, Benin, Burkina Faso, Chad, Libia, Malí  e Nixeria.
Fálase francés porque foi colonia francesa até 1960, ano da súa independencia. A capital é Niamey.
A poboación, arredor de 15 millóns de habitantes é maioritariamente musulmana.
Xa nos contará Kadre máis cousas do seu país...

segunda-feira, 7 de novembro de 2011

un anuncio para levantar a paletilla

Vive como galeg@



e deixa de preocuparte -don't worry- que malo será!

terça-feira, 1 de novembro de 2011

Bangladesh

Este curso temos compañeiros novos que veñen de Bangladesh. Os seus nomes son Bashar, Abid, Rashib e Ahmed. A súa lingua é bangla  ou bengalí pero con nós falan un pouco inglés e os que levan aquí máis tempo fala tamén algo de español.
Bangladesh é un país situado no sur de Asia practicamente rodeado polo territorio da India agás unha pequena parte que limita con Burma (Myanmar, Birmania). A sú capital é Daca, unha das cidades máis poboadas do mundo.