A lingua propia da Galiza é o galego. Lingua cooficial co español pero en evidente desvantaxe con este en innúmeras situacións dentro do seu propio territorio. Lingua irmá do portugués co que comparte un pasado poético.
Pero este sitio non está especialmente pensado para falar do galego. A idea é só familiarizarse e utilizar esta lingua mentras aprendemos cousas de árabe e de outras linguas e culturas que nos desperten interese.
Ademais de elementos da cultura da Galiza e outros países o que vamos ir poñendo aquí son enlaces a diferentes páxinas e material encontrado nalgunhas delas con vocabulario, gramática, audio, lecturas, vídeos, presentacións, cancións, poemas e textos diversos, clasificando as distintas entradas por categorías.
A maior parte do material sairá de internet onde os recursos para aprender de todo son cada vez máis accesibles, e desde este recanto e nesta lingua poñemos unha contribución máis, multicultural e posiblemente caótica, a xeito de caderno de notas onde apuntar os descubrimentos que se fan pola rede adiante. En ocasións usaremos hipervínculos para remitir directamente á información doutras páxinas e noutras haberá recorta e pega con algunha que outra modificación que normalmente consistirá simplemente en traducir ou explicar.
segunda-feira, 14 de abril de 2008
Assinar:
Postagens (Atom)