Samaín, que significa o fin do verán ou "Summer's End", é unha festa ancestral que celebra o fin das colleitas e pasou a ser Halloween (All Hallow’s Eve que literalmente é víspera de todos os santos) polos séculos V ou VI, cando os celtas se convertiron ao cristianismo. Celébrase a partir do atardecer do 31 de octubro.
Na tradición celta o Samaín é o momento propicio para transitar polo mundo das fadas e das xentes que viviron noutro tempo, para ter en conta os seres que xa non están no mundo físico e comunicar con eles mediante distintos rituais, como acender velas ou deixarlles na mesa comida e bebida durante a noite.
Nalgúns países de latinoamérica as familias van comer ese día aos cemiterios, e celebran unha gran festa, con música e danzas.
Na Galiza rural, non hai moitos anos aínda se furaban ollos, nariz e boca nas cabazas, poñíaselles unha vela dentro e a crianzada saía con elas acesas para asustar á xente.
En canto á gastronomía, castañas e chulas de mangueta, que é como en Cangas se lle chama á cabaza. En La cocina de lechuza encontrarás receitas e información sobre esta festividade.
E ti, como o celebras o Samaín?
Unha proposta encontrada na rede:
What to do in Samhain
Carve a face on a pumpkin
Plant pumpkin seeds
Go for a walk in the Woods
Remember departed friends and family
Share feelings about life and death
Collect fallen leaves, stones,… to construct a Samhaim altar
Read scary stories
Have a party