Pesquisar este blog

terça-feira, 20 de outubro de 2009

aprender español online

Hai tanta web de español para falantes de inglés que é difícil propoñer unha sen pensar en outras que poden ser máis interesantes. Algunhas son sinxelas e outras máis complicadas por estar cheas de hipervínculos que se ramifican. Entre estas últimas encóntrase 123teachme.com onde podemos encontrar exercicios de gramática, vocabulario, pronunciación, vídeos, cancións, xogos e toda clase de recursos. Entre eles vídeos como o que vén a continuación para aprender os pronomes:




Ou esta outra versión do señor Jordan:



Os vídeos do señor Jordan ensinan o español que se fala en latinoamérica (por exemplo, falta a segunda persoa plural nos verbos) pero son amenos e divertidos, como este no que utiliza a música de "La cucaracha" para aprender algúns pasados irregulares.

Nenhum comentário:

Postar um comentário