Pesquisar este blog

quarta-feira, 10 de outubro de 2012

Madagascar e a lingua malgache


 Frente ás costas de Mozambique, no océano Índico e ao sureste do continente africano, encóntrase Madagascar, unha illa cunha extensión de máis de medio millón de quilómetros cadrados e uns dezasete millóns de habitantes. A capital é Antananarivo. As linguas oficiais, o malgache, o francés e o inglés. A primeira delas o malgache, lingua autóctona da illa, é de orixe austronesia como o malaio, xavanés, hawaiano e samoano e declarouse oficial só a partir de 2007 a raíz da aprobación da lei de política lingüística.


 
O malgache é a única lingua austronesia de África que ao longo da historia recibiu influencias de linguas bantúes de África oriental como o suahili, do árabe, do francés e do inglés.
É unha lingua rica en tradición oral e desde o século XV tamén existen escritos en alfabeto árabe pero a partir de mediados do século XIX pásase a escribir en alfabeto latino.
 Existen numerosos dialectos como o merina, que é no que se basea a lingua malgache  estándar; ademais están o taisaka, o tanosy, o taimanambondro, o sahafatra, o taifasy, o tambahoaka, o zafisoro, o betsimisaraka, o sihanaka, o bezanozano, o tanala, o bara, o betsileo, o vezo, o mahafaly, o tañalaña, o antandroy, o tankarana e o taimoro.
A poboación é unha equilibrada mestizaxe entre indonesios e africanos orientais. A maioría dos habitantes da illa son malgaches.
 


Nenhum comentário:

Postar um comentário