Durante a semana pasada incorporáronse ao grupo varias persoas provenientes de Marrocos: Hassan, Lahsen, Kaltoum e Fatima que quere prepararse para o bacharelato.
Onte, algunhas alumnas de prácticas do Master en Necesidades Educativas Especiais pasaron unha sesión con este alumnado recén chegado. Levaron todas o seu nome escrito en caligrafía árabe e amazight. Para esa hora Bashar e Abid xa se tiñan ido, senón terían aportado a súa versión en alfabeto bangla.
Esta tarde falamos da Terra, do que tarda en dar a volta arredor do Sol, e da duración do ano gregoriano comparándoo co calendario islámico, que é un calendario lunar. No calendario da Hégira estamos en 1433. Aquí podemos convertir as datas automaticamente.

Nenhum comentário:
Postar um comentário