Pesquisar este blog

terça-feira, 11 de outubro de 2011

presentacións

A principal actividade nos primeiros días do curso é a de presentarse. Decir e escribir o nome para que o resto do grupo se dea á infructuosa tarefa -as máis das veces- de pronuncialo: Wol-f-gan-g, Har-t-mu-t, Au-dry, Ba-sha-r...
Cada quen fala unha lingua diferente: alemán, amazigh, francés, inglés, bangla...
Contamos de que país e de que cidade ou vila vimos coa axuda do planisferio.
As palabras chave son nome e país.
As frases: como te chamas e de onde es?
Despois, todo o que dea de si a conversa .
Para ubicarse utilizánse os puntos cardinais: norte, sur, leste, oeste.
Onde está...?
Costa de Marfil está no oeste de África.
Marrocos, no noroeste de África e Galiza, no noroeste de España.
Bangladesh, ao nordeste da India e ao sur de Bután.
E así.

Nenhum comentário:

Postar um comentário