Pesquisar este blog

segunda-feira, 30 de novembro de 2009

conta na túa lingua: de onde es?

Martina é de Suecia, o sueco é a súa lingua.



O sueco é unha lingua indoeuropea da rama escandinava das linguas xermánicas, é similar ao danés e o noruegués, das que se diferencia na pronunciación e ortografía. É falada no norte de Europa por nove millóns de persoas, sobre todo en Suecia (8,5 millóns de falantes) e en algunhas partes da Finlandia(falada por un 5% de fineses).
Unha curiosidade do sueco é que presenta un artigo definido que é un sufixo do sustantivo.

kvinna (muller): kvinnan ("a muller"), kvinnorna ("as mulleres")
hus (casa): huset ("a casa"), husen ("as casas")
äpple (mazán): äpplet ("a mazán"), äpplena ("as mazáns")

Aquí temos un dicionario sueco-español, español-sueco.

Marcela é da República Checa e fala checo.



O checo é unha lingua eslava xunto co eslovaco e polaco, entre outras. Falado por uns 12 millóns de persoas, principalmente en Chequia pero tamén en Austria (Viena), Romanía e por minorías de inmigrantes en Alemania, Estados Unidos, Eslovaquia, etc.

O checo utiliza o alfabeto latino pero resulta difícil de ler para nós porque algunhas palabras semellan non ter vogais, como no exemplo popular da frase "strč prst skrz krk" que significa "meter un dedo na gorxa".

As linguas checa e eslovaca son semellantes na escrita, e aínda que difiren fonética e gramaticalmente, a maioría de eslovacos e checos son capaces de comprenderse mutuamente.

Nenhum comentário:

Postar um comentário